SUBVENCIONS PARA PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXETICA
Axencia Instituto Enerxético de Galicia
RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, para o ano 2023, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder‑Galicia 2021-2027 (código de procedemento IN417Y).
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a realización de proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado destas bases reguladoras (código de procedemento IN417Y).
Condicións dos proxectos:
De conformidade co disposto no artigo 6.1 destas bases reguladoras os traballos non poderán iniciarse con anterioridade á data de presentación da solicitude.
O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 10.000,00 € por actuación, o IVE non está incluído.
Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes. Cada solicitude recollerá un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou de varias actuacións homoxéneas executadas nunha mesma localización e que se valorarán de xeito conxunto.
Considéranse actuacións homoxéneas que deben recollerse nunha única solicitude: todas as actuacións de iluminación que se realicen no centro de traballo e a renovación de varios equipos para o mesmo fin. Por exemplo, a instalación de varios compresores, ou de dúas caldeiras para proceso aínda que estas non sexan iguales (ademais debe incluírse no mesmo proxecto calquera actuación relacionada que se efectúe na sala de caldeiras como pode ser a instalación dun economizador ou tanque de revaporizado). Tamén se considerará actuación homoxénea a mellora integral dun edificio cando este estea incluído no ámbito de aplicación da normativa vixente de certificación enerxética e exista metodoloxía de cálculo recoñecida para a súa certificación.
Considéranse actuacións non homoxéneas, e que polo tanto deben cursarse en solicitudes independentes, a combinación de proxectos independentes, por exemplo, a renovación dun compresor, a renovación dos equipamentos de iluminación, a renovación das caldeiras, a instalación de variadores de frecuencia en motores, etc.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación obrigatoria:
a) Documentación administrativa:
i. Poder de representación da persoa que presenta a solicitude.
ii. Declaración responsable asinada polo representante legal do solicitante de ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se conceda a axuda (modelo dispoñible na páxina web do Inega).
iii. As tres ofertas que debe ter solicitado o solicitante da axuda, cando o investimento sen IVE da actuación que se subvenciona supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior a 15.000,00 €.
iv) As empresas, xunto coa solicitude presentarán a documentación prevista nos puntos i) a iii) deste artigo e ademais deberán achegar a documentación especificada neste punto (Código CNAE; documentos de constitución; acreditación de existencia de centros de traballo en Galicia, etc).
b) Documentación técnica:
i. Memoria técnica do proxecto segundo modelo.
ii. Documento denominado «Ficha de consumos PAE» segundo modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal).
iii. Fotografías da instalación actual. Incluíndo, cando proceda, a placa de características técnicas dos equipos sobre os cales se actúa.
iv. Plano de situación das instalacións no establecemento coa distribución dos equipos.
v. Características técnicas dos equipos para os cales se solicita a axuda subministradas polo fabricante (catálogo, certificado ou ficha técnica do fabricante) onde se inclúan datos da produtividade do equipo e do seu consumo e rendemento enerxético.
vi. No caso de investimentos en eficiencia enerxética non separables, achegar oferta técnica dun provedor que avale o orzamento dun investimento similar que implique menor eficiencia enerxética e que podería realizarse de forma crible sen subvención (investimento de referencia).
vii. No caso de actuacións de iluminación, deberase presentar unha declaración responsable asinada por un técnico cualificado.
viii. Ademais, nas instalacións de iluminación que estean incluídas total ou parcialmente no ámbito de aplicación do documento HE3 do Código Técnico da Edificación, xustificación asinada por un técnico competente de que cumpran coas exixencias establecidas nel.
ix. Ademais, nos casos en que proceda, tamén se debe achegar «Memoria técnica adicional para actuacións de renovación de edificios segundo o modelo «Memoria técnica adicional edificios PAE» dispoñible na web do Inega (www.inega.gal).
x. Declaración responsable do principio de non causar prexuízo significativo ao ambiente (principio «Do No Significant Harm»-DNSH) dispoñible na web do Inega.
xi. Calquera outra documentación adicional que o interesado considere conveniente achegar para a correcta avaliación do proxecto.
a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia, corresponder a entidades incluídas no ámbito de actuación destas bases e, en concreto, das actividades recollidas na alínea a) deste artigo e amparadas polo Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior.
As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía e demais requisitos que se establecen no anexo I do Regulamento xeral de exención por categorías.
Os requisitos para obter a condición de beneficiarios deberanse cumprir, a máis tardar, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes. O Inega comprobará o cumprimento da condición de peme ou non peme, co fin de garantir o tratamento diferenciado dos distintos beneficiarios en función do tipo de intervención.