O aluguer turístico copa un terzo das casas do centro de Lisboa
Os barrios máis afectados son Alfama, Mouraria, Castelo, Baixa ou Chiado, unidos administrativamente na Xunta de Freguesía de Santa Maria Maior e protagonistas absolutos das guías de viaxes, pois aí concéntranse os principais atractivos históricos e símbolos da cidade, como o Castelo de San Jorge ou as casas de fado.