• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Acordo da Sionlla senta as bases da creación do Polo de Innovación en Biotecnoloxía para facer de Santiago e Galicia un "referente" no sector

O "Acordo da Sionlla" ten por obxecto a realización de actividades conxuntas que favorezan a reindustrialización empresarial, a promoción do asentamento de empresas e a captación de proxectos de investimento nos sectores biotecnolóxico e da madeira no parque empresarial da Sionlla, en Santiago de Compostela, entre os que principalmente destaca a creación dun Polo de Innovación en Biotecnoloxía.

Resultados do estudo "Oportunidades Industria 4.0 en Galicia" na web do Igape

As conclusións do traballo pódense consultar na páxina web do Igape, onde están dispoñibles, entre outros documentos, a análise realizada por sectores produtivos, así como a avaliación do estado actual da madurez das tecnoloxías emerxentes e das oportunidades do tecido industrial galego ao abeiro da Industria 4.0.