• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Quen se pon un micro chip na man para entrar ao traballo?

A cambio desta comodidade —que acabaría cos días nos que che deixas a identificación en casa ou o esquecemento de contrasinal cando volves de vacacións—, un par de minucias: unha pequena intervención para colocar o aparello debaixo da pel e a posibilidade de que a túa empresa colla esa información e utilícea para rastrexar os teus pasos polo edificio. Todo "vantaxes".

As meninas que resucitaron Ferrol

A ese ano seguiulle outro e logo outro. O movemento foise facendo máis grande, atraendo a atención da prensa nacional e internacional cada vez que se reunían os pintores rueiros o primeiro fin de semana de setembro. Empezáronse a programar concertos e charlas e a palabra Canido comezou a citarse en textos escritos en idiomas diferentes ao galego e o español. O barrio foi comparado co Soho londiniense. Comezaron a xurdir as axudas económicas e os patrocinios. Así ata 2018, momento en que as meninas celebran os seus décimos aniversarios.

Está a prepararse aos estudantes para un futuro exitoso?

Mentras, para algúns docentes, a responsabilidade de ensinar as habilidades do século 21 recae na familia, os pais e as nais non están de acordo. Tampouco hai un acordo sobre que ensinar, algúnhas persoas entrevistadas centráronse en alfabetización financeira persoal, capacitación funcional en habilidades laborais e habilidades para falar en público mentres que outras se decantaron polo desenvolvemento do carácter, como inculcar unha forte ética de traballo, ensinar resiliencia aos cambios de vida e aproveitar a capacidade de tomar decisións, entre outros.

Claves do turismo gastronómico

Necesítase traballo para posicionar o turismo gastronómico como unha das liñas estratéxicas dos destinos. Todos os destinos teñen potencial “gastronómico”, pero é importante crear experiencias completas ao redor da gastronomía local. O turismo gastronómico debe combinarse con elemento de identidade locais como a paisaxe, a cultura e a historia.

En España, prefírese facer a compra en supermercados de proximidade

Segundo a asociación, “a alta eficiencia alcanzada permite ofrecer a alimentación a uns dos mellores prezos de Europa”, ata 6 puntos por baixo da media europea, sobre o barómetro de Eurostat. Durante 2016, destaca a apertura dos chamados “novos modelos de tendas”, máis eficientes enerxéticamente e pensados para ofrecer unha experiencia de compra positiva e memorable para consumidores e consumidoras.

Remata a campaña de concienciación sobre os pisos turísticos cunha acción de rúa en Cervantes

A campaña comezou o 6 de xullo e remata hora tras realizar accións de rúa en espazos emblemáticos da cidade como a praza do Obradoiro, Carretas, a Alameda ou a praza de Cervantes. Colocouse unha estrutura, cunha cama no seu interior, e cos vinilos coa información da campaña que chamou a atención de turistas e residentes sobre a problemática asociada ao fenómeno dos apartamentos turísticos ilegais.