Compilación informativa sobre as medidas económicas extraordinarias tomadas ante a crise do COVID-19
Data de escritura
Compílanse no seguinte artigo guías e artigos informativos de fontes oficiais que poden ser de utilidade para persoas traballadoras, empresariado e persoas autónomas.
Actualizado a 29 de xuño de 2020:
- Real Decreto-lei 24/2020, de 26 de xuño, de medidas sociais de reactivación do emprego e protección do traballo autónomo e de competitividade do sector industrial publicado no BOE de 27 de xuño de 2020.
- ORDE do 12 de xuño de 2020, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se redistribúen as anualidades e se modifican os prazos de xustificación en diversas convocatorias de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, como consecuencia da situación creada pola evolución da pandemia COVID-19.
- RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2020 pola que se amplía o crédito dispoñible para o exercicio 2020 nas bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, préstamos IFI Innova.
- EXTRACTO da Resolución do 19 de xuño de 2020 pola que se amplía o crédito dispoñible para o exercicio 2020 nas bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, préstamos IFI Innova.
Recomendamos consultar tamén o espazo informativo habilitado polo Concello de Santiago sobre a situación xeral actual da COVID-19 e máis apartado de CONVOCATORIAS desta web.
Compílanse na seguinte relación artigos, guías e informes de fontes oficiais e entidades empresariais en relación ás medidas económicas extraordinarias adoptadas a raiz da crise sanitaria do COVID-19 que poden ser de utilidade para persoas traballadoras, empresariado e persoas autónomas:
- RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se establecen adaptacións no réxime de exixencias temporais en contratos de concesión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada de uso xeral de titularidade da Xunta de Galicia, por mor das medidas preventivas adoptadas fronte ao COVID-19. publicada no DOG de 26 de xuño de 2020
- RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de xuño de 2020, polo que se introducen determinadas modificacións nas medidas de prevención previstas no Acordo do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. Publicada no DOG de 27 de xuño de 2020
- EXTRACTO da Resolución de 10 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ao investimento para infraestructuras locais (programa Infraestructuras estratéxicas abertas), promovidas por grandes empresas galegas, e procédese á súa convocatoria en réxime de concurrencia competitiva (código de procedemento IG408D).
- RESOLUCIÓN de 10 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ao investimento para infraestructuras locais (programa Infraestructuras estratéxicas abertas), promovidas por grandes empresas galegas, e procédese á súa convocatoria en réxime de concurrencia competitiva (código de procedemento IG408D).
Para información anterior ao 18 de maio de 2020 pregamos consulte a seguinte nova