O concelleiro de Turismo presenta o Plan de Sostibilidade Turística 2021-2023 que contempla actuacións por valor de 4 millóns de euros en Santiago
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, presentou o "Plan de Sostibilidade Turística en destinos 2021-2023", que concurrirá á convocatoria da Secretaría de Estado de Turismo, e que hoxe se vai remitir á Xunta de Galicia para a súa avaliación. Guinarte sinalou que este plan, dividido en cinco eixos de actuación, e que prevé actuacións por importe de 4 millóns de euros, "é unha magnífica oportunidade para Santiago de Compostela e para Galicia".
Co Real Dereto Lei 25/2020, que se publicou o pasado 6 de xullo no BOE, a Secretaria de Estado de Turismo (SETUR) ven a crear o instrumento denominado «Planes de Sostenibilidad Turistica en Destinos», co obxectivo de apoiar a inversión en actuacións de impulso, adecuación e mellora dos destinos turísticos co fin de aumentar a súa sostibilidade.
O obxectivo fundamental deste instrumento é apoiar a reconversión dos destinos turísticos para manter o seu atractivo e competitividade, mediante a execución de actuacións de recualificación do destino, reconversión de usos, restauración ambiental, accesibilidade, innovación, tecnoloxía, e de mellora da súa gobernanza; orientando todo isto cara a xestión intelixente e sostible.
Na concellería de Turismo do concello de Santiago elaboraron o documento "Plan de Sostibilidade Turística en destinos para o trienio 2021-2023", que hoxe se vai presentar por rexistro á Xunta de Galicia, e que onte se presentou ás distintas entidades que representan, na cidade, ao sector turístico.
Esta proposta supuxo a elaboración dunha memoria técnica, de máis de 200 páxinas, na que se prevén executar distintas actuacións nos próximos 3 anos por un valor de 4 millóns de euros. As actuacións elixibles dentro das propostas abranguen unha ampla tipoloxía de accións, todas elas orientadas a renovar o modelo turístico da cidade, aínda que deixan fora as axudas directas ao sector.
O Plan de Sostibilidade Turística de Santiago de Compostela ten, entre outros, os seguintes obxectivos específicos:
1. Situar ás persoas no centro do modelo de desenvolvemento turístico de Santiago de Compostela. Este plan proponse potenciar a participación da cidadanía e dos visitantes no desenvolvemento do turismo da cidade.
2. Recuperar o protagonismo e liderado turístico de Santiago de Compostela convertendo á cidade nunha referencia mundial na xestión e a reflexión sobre o turismo e a sustentabilidade.
3. Contribuír á reconstrución económica e social do turismo en Santiago de Compostela tras a crise da COVID-19, e aumentar a resiliencia do sector turístico.
4. Aumentar a rendibilidade económica e social do turismo na cidade a través de diversificar produtos como a cultura, a gastronomía e o MICE (turismo de congresos), ampliar públicos obxectivos e mercados, desestacionalizar; e impulsar o desenvolvemento do emprendimiento e o capital humano do sector, con iniciativas baseadas na sustentabilidade, a innovación e a incorporación das novas tecnoloxías.
5. Reforzar o Camiño de Santiago como vínculo para a universalidade de Santiago de Compostela.
6. Aproveitar o Ano Santo 2021 como plataforma de transformación da cidade
7. Extender territorialmente os beneficios do turismo. Ampliar o alcance territorial dos beneficios xerados polo sector turístico, máis aló dos estritos límites das rúas ou prazas turistizadas.
8. Acadar sinerxias co resto de sectores económicos da cidade.
O esquema xeral da memoria que se presenta á convocatoria articúlase en 5 eixos con diferentes accións. Son:
1. Eixo 1. Gobernanza, estratexia e activación do sector turístico, que contaría cun orzamento de 1.380.000 euros.
Dentro deste eixo inclúense as actuacións de planificación, coñecemento e definición da nova estratexia turística de Santiago de Compostela. Entre as medidas inclúense: