• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Concellaría de Xuventude lanza o proxecto "Re-parándonos" para promover a economía circular entre a mocidade

María Rozas explicou que a Concellaría de Xuventude aposta por unha programación estable que lle dea certa continuidade ao proxecto europeo que botou a andar en 2022, co obxectivo de formar ao persoal que traballa coa mocidade para ofertarlle actividades formativas máis innovadoras, accesibles e atractivas na área da economía circular. De aí os obradoiros formativos do ciclo "Re-parándonos", que comezarán o día 16 de outubro.

O Centro Xove de Creación Cultural achega á mocidade os proxectos da Axenda Urbana 2030 de Santiago cunha ampla programación de actividades

O Centro Xove de Creación Cultural vén de poñer en marcha unha ampla programación de actividades coas que pretenden achegar á mocidade de entre 14 e 35 anos do municipio os proxectos da Axenda Urbana 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que persegue. As propostas desenvolveranse entre os meses de abril e novembro.