Preséntase a segunda edición de Compostela Somos Cultura, que ten como obxectivos apoiar o sector e incentivar o consumo de produtos culturais a nivel local
Nesta segunda edición están participando case 50 artistas, con accións puntuais en diversos espazos de Santiago. Desde o 10 de outubro véñense realizando distintas gravacións que agora se editarán para lanzar nas redes sociais. Son, segundo sinalou a concelleira de Acción Cultural, "como anuncios" promocionais de Compostela, Até o de agora graváronse cinco das sete intervencións culturais programadas, todas elas de diferentes disciplinas artísticas. Está previsto, segundo informou Xacobe Martínez, que se comecen a publicar en internet na última semana de outubro.