• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A distribución urbana transformará o modelo de consumo e a planificación urbanística

Segundo un estudo elaborado por Cimalsa, o crecemento das entregas de comercio electrónico no centro das cidades incrementouse nos últimos anos, o que leva que aumentasen os niveis de conxestión nalgunhas zonas, dificultando a convivencia con outras actividades.

Plan Integral de dinamización e promoción do consumo de madeira

Para iso, expóñense unha serie de ámbitos de traballo estratéxicos que se desenvolverán entre todas as entidades asinantes para alcanzar os obxectivos citados anteriormente.

Trátase dunha iniciativa histórica no sector, promovida pola iniciativa privada, resultado das dinámicas de traballo conxuntas que veñen desenvolvendo no seo da cadea forestal e que xeraron un espírito colaborador e de confianza. 

FINSA e a Asociación Forestal de Galicia acordan un plan para revalorizar o piñeiro

Ante esta situación, FINSA e a Asociación Forestal conclúen que “resulta urxente e necesario formular un plan de restauración dos montes de coníferas no que puideran participar os propietarios forestais, empresas de servizos e industria da madeira interesada na recuperación destas masas arboradas”.

Comunicado do alcalde á veciñanza de Santiago de Compostela

Estimadas veciñas e veciños:

Diríxome a todos vós para agradecervos o esforzo que estades facendo, así como a seriedade e disciplina que amosades no cumprimento das medidas decretadas polas distintas administracións para frear o coronavirus. Son momentos difíciles e complexos, nos que máis que nunca debemos estar unidos cun mesmo obxectivo: evitar a propagación do COVID19.

Publicación da listaxe de beneficiarios das axudas á hostalería da segunda convocatoria do plan de reactivación económica (decembro 2020)

Trala publicación das axudas ao comercio (toda dúbida relativa ás mesmas pode consultarse na web http://coidarparamellorar.santiagodecompostela.gal/), faise pública agora a listaxe das axudas relativas á hostalería, cun orzamento global de 1.379.394,64 euros. A resolución pode consultarse ao final desta noticia.

 Hoxe, mércores 17 de febreiro, faise pública a listaxe de persoas beneficiarias e solicitudes denegadas relativa á convocatoria de axudas para o rescate do sector hostaleiro afectado pola covid-19, anualidade 2020.