• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Uninova xestionou máis de 100 intercambios de emprendedores ao abeiro do Programa da UE "ERASMUS for Young Entrepreneurs" entre os anos 2017 e 2022

Data de escritura

O programa é unha iniciativa da UE para o intercambio de experiencias entre novos emprendedores e empresarios consolidados, tanto da UE como dun grupo de países de fóra de Europa. Uninova, a incubadora de empresas do Concello de Santiago e da USC, participa na actualidade a través de YEIM, un consorcio integrado por entidades públicas e privadas de España, Alemaña, Italia, Francia, Croacia, República Checa, Lituania e Bulgaria.

Programa Erasmus for Young Entrepreneurs
Destino dos intercambios de novos emprendedores
Intercambio de novos emprendedores
Intercambio de novos emprendedores (por sexo)

Entre o ano 2017 e a actualidade, Uninova xestinou a realización de 105 intercambios entre emprendedores e empresas, dos cales 66 foron novos emprendedores españois que viaxaron a outros países para a realización de estadías formativas en empresas e 39 foron emprendedores europeos acollidos en pemes españolas.

Dos 66 intercambios de Novos Emprendedores realizados nos proxectos YEIM SGA1 e YEIM SGA2, 33 relacións corresponderon a emprendedoras, isto é o 50%, continuando, deste xeito, coa tónica de edicións anteriores, na que tamén atopábamos un reparo moi igualado na distribución por sexo dos promotores dos proxectos.

Nestas estadías para coñecer outras experiencias, os mozos e mozas dirixíronse a un total de 19 países, aínda que o maior interese se concentrou en empresas de Reino Unido, Alemaña e Italia. Tamén se levaron a cabo intercambios en países fóra da zona Schengen, pola súa recente incorporación ao programa, dos que Uninova xestionou un total de 7 intercambios, concretamente a Estados Unidos, Canadá e Singapur.

No que respecta ao sector de actividade dos proxectos dos emprendedores que participaron nas estadías, destaca o ámbito da publicidade, seguida moi de cerca polo sector da restauración, as actividades culturais e a construción.

Por outra banda, tamén fomos destino para un total de 39 emprendedores que realizaron estadías no noso país, procedentes de 18 países distintos, destacando o grande número de emprendedores italianos que elixiron empresas españolas para as súas estadías formativas.

Erasmus for Young Entrepreneurs

O programa Erasmus for Young Entrepreneurs permite que emprendedoras e emprendedores que contan cun plan de empresa do seu proxecto, ou emprendedores que xa crearon a súa empresa pero aínda teñen menos de 3 anos de experiencia na súa xestión, poidan realizar unha estadía formativa cun empresario experimentado dun Estado Membro da Unión Europea ou doutro dos países participantes: Albania, Armenia, Bosnia-Hercegovina, Antiga República de Iugoslavia, República de Macedonia, Islandia, Montenegro, Moldavia, Serbia, Turquía e Ucraína; e, de xeito excepcional e só ata marzo de 2024, tamén de Estados Unidos, Canadá, Taiwán, Corea do Sur, Singapur e Israel.

Para poder participar neste Programa da UE, tanto como novo emprendedor, como en calidade de empresario de acollida, simplemente hai que cumprir os requisitos do programa e rexistrarse na páxina web Erasmus for Young Entrepreneurs.

Desde Uninova, Organismo Intermedio habilitado pola CE para a xestión deste Programa, ofrécese información e asesoramento para o rexistro de emprendedores e empresarios, así como axuda na preparación dos intercambios. Esta iniciativa continuará a ser xestionado por Uninova ata xaneiro de 2027 contando cun presuposto de 225.000 euros para financiar bolsas a novos emprendedores.