• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Inaugúrase o terceiro piloto CromaLux, un proxecto innovador enmarcado en Smartiago que permite reducir nun terzo a colonización biolóxica nas áreas iluminadas

Na presentación participaron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o concelleiro Sindo Guinarte, responsable do proxecto Smartiago; Sebastián Pantoja, director de Programas Estratéxicos de Televés; e Patricia Sanmartín, directora de investigación da USC; quen explicou que a colonización biolóxica nas áreas iluminadas con CromaLux foi inhibida de forma significativa, reducíndoa até un terzo ou menos do que viña sendo habital.

O primeiro vehículo autónomo de Santiago de Compostela entra na súa recta final

O primeiro vehículo autónomo de Santiago, desenvolto no marco do proxecto do Concello de Santiago SMARTIAGO, entra na súa fase final. Vodafone España, adxudicataria da iniciativa, está a desenvolver un Living Lab de loxística de última milla, que contará con dous vehículos eléctricos autónomos para o seu desenvolvemento.

O Concello de Santiago continuará coas actuais medidas de reducción de consumo, ao non adoptarse modificación algunha na reunión con Augas de Galicia

A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, indicou que a convocatoria para a reunión chegou o luns, despois de que venres pasado Augas de Galicia decretase a situación de prealerta por seca "na unidade territorial correspondente ao río Tambre". A xuntaza, sinalou, tivo dúas partes. Na primeira, o organismo autonómico explicou como estaba a situación hidrolóxica do Tambre; e na segunda, a vintena de concellos presentes informaron dos problemas que estaban atopando no subministro e na captación, e daban conta das medidas adoptadas.