• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Inaugúrase o terceiro piloto CromaLux, un proxecto innovador enmarcado en Smartiago que permite reducir nun terzo a colonización biolóxica nas áreas iluminadas

Na presentación participaron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o concelleiro Sindo Guinarte, responsable do proxecto Smartiago; Sebastián Pantoja, director de Programas Estratéxicos de Televés; e Patricia Sanmartín, directora de investigación da USC; quen explicou que a colonización biolóxica nas áreas iluminadas con CromaLux foi inhibida de forma significativa, reducíndoa até un terzo ou menos do que viña sendo habital.

Se prevé un crecemento do 25% dos espazos de coworking en áreas comerciais

Establecer un espazo de coworking nunha propiedade comercial ofrece aos traballadores e traballadoras un espazo divertido pero funcional con gran accesibilidade, amplo estacionamento e utilidades de valor engadido como servizos persoais, compras e supermercados. Doutra banda, estes inquilinos e inquilinas traen tráfico diario e teñen un contrato de aluguer estable que adoita ser de cinco a 10 anos.