• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O deporte como diferenciación dos destiños turísticos

O turismo deportivo é un produto de gran rendibilidade para os destinos. Os máis de 10,6 millóns de turistas estranxeiros que practicaron algún deporte durante a súa estancia en España en 2017 xeraron máis de 112 millóns de pernoitas e gastaron unha media de 114 euros ao día, 1.207 euros por persoa, segundo a Enquisa de Gasto Turístico ( Egatur) que elabora o Instituto Nacional de Estatística (INE). A maioría deles decantouse por actividades de exterior, en especial sendeirismo e montañismo, con máis de tres millóns de afeccionados, segundo estimacións de Turespaña.

Un vistazo ás macrocifras do crecemento turístico

O problema é que un crecemento artificial da demanda deste tipo pode crear burbullas de investimento que engaden máis e máis oferta aos destinos, baixo a falsa presunción de que a festa non vai parar. Algúns profesionais lembran que os nosos destinos maduran e non poden estar a crecer indefinidamente, senón que deben comezar a investir en mellorar a xestión ou renovar a oferta engadindo valor ás propostas.

Os novos perfís profesionais que demandan as empresas turísticas

Necesítanse novos profesionais relacionados con venda en liña, márketing dixital, captación de tráfico para atraer clientes, analistas en "big data" e "small data".... Isto é debido a que cada vez temos máis información pero as empresas non saben ben que facer con ela. Estes perfís son moi valorados.

A cartelería dixital evoluciona hacia a interactividade e a persoalización

A maneira máis utilizada polos hoteis foi a instalación de pantallas dixitais, principalmente na recepción do hotel, permitíndolles concentrar os puntos informativos, xerar mensaxes e vídeos con contidos en varios idiomas e ofrecer un aspecto máis moderno, máis propio do século XXI. 

As praias de Benidorm ofrecerán wifi gratis a 20.000 usuarios simultáneos

Esta rede, a primeira 'smart wifi' nas praias da península, xa está dispoñible na de Levante e antes do 20 de abril tamén o estará na de Poniente, La Cala, El Castell e a zona do casco antigo da cidade. A rede ofrece múltiples posibilidades para coñecer o comportamento dos turistas nos seus recorridos pola cidade e, así, poder ofertarlles alternativas adaptadas ás súas necesidades.

Apps e chatbots, unha tendencia á alza para comunicarse co hotel

Os viaxeiros de negocio prefiren manter unha comunicación directa co hotel, sen intermediarios. De feito, un 44,5% afirma que usan unha  app ou ferramenta  chatbot ou de mensaxería instantánea. Á hora de poñerse en contacto coa recepción, o email é a opción preferida (38,9%), seguido das chamadas (34,3%) e o chat (22,5%).