• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Axenda Urbana de Santiago organiza un novo Encontro Emprendedor coa Gobernanza como eixo central

O ciclo de Encontros Emprendedores celebra a súa penúltima xuntanza o martes 17 de outubro, ás 10h, no Espazo Galego da Creatividade. Do mesmo xeito que en anteriores citas, o Encontro Emprendedor enmárcarase nunha experiencia empresarial que pon en práctica o eixo da gobernanza, tanto na súa estrutura como na actividade que desenvolve.

A concelleira María Rozas participou na Asemblea Xeral de REDEL celebrada en Euskadi

A Asociación Vasca de Axencias de Desenvolvemento GARAPEN, socia da rede estatal e anfitrioa neste caso do encontro, foi a encargada de organizar unha axenda completa ao redor da gobernanza, a economía social, o talento e as industrias culturais e creativas. Nesta ocasión contouse coa participación de Oarsoaldea, Fomento San Sebastián, Debegesa e Bidasoa Activa, coorganizadoras do encontro.

Iago Lestegás destaca na apertura do simposio "Urban Solutions" o compromiso do Concello de Santiago coa sustentabilidade urbana

No discurso de apertura deste encontro destacou o reto de crear "espazos públicos de calidade que contribúan ao benestar das comunidades locais". "O urbanismo xoga un papel innegable no benestar das persoas e os efectos que o medio físico produce sobre a saúde non poden ser ignorados á hora de deseñar e construír os lugares que habitamos", explicou.

AXUDAS DE APOIO A ACTIVIDADES CULTURAIS PARA O SECTOR PROFESIONAL 2023

1. Esta convocatoria de subvencións ten por obxecto o fomento das actividades culturais organizadas polas persoas e entidades dedicadas profesionalmente á produción de actividades culturais e artísticas do concello de Santiago de Compostela durante o ano 2023, coa finalidade de dinamizar a vida cultural no noso concello e estimular e apoiar os seus proxectos e programacións.

AXUDAS AO INVESTIMENTO PARA INFRAESTRUTURAS LOCAIS. PROGRAMA CENTROS DE FABRICACION AVANZADA

Serán subvencionables os proxectos de creación de infraestruturas en Galicia que contribúan a nivel local a mellorar o contorno das empresas e os consumidores e a modernizar e desenvolver a base industrial, e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estarán á disposición dos usuarios interesados dunha forma aberta, transparente e non discriminatoria. O prezo que se cobrará polo uso ou venda das infraestruturas será o prezo de mercado.