Xornadas informativas para as empresas que aspiren ás subvencións a Empresas de Economía Social e aos Premios á Excelencia Empresarial
A Concellería de Dereitos e Servizos Sociais do Concello de Santiago vén de publicar a segunda convocatoria das subvencións destinadas a apoiar as empresas de economía social e dos premios á excelencia empresarial. Ambas convocatorias introducen modificacións con respecto ás edicións anteriores, co obxectivo de incentivar o emprego feminino e de persoas con discapacidade ou en situación de exclusión, favorecer a novos sectores de actividade, ou priorizar as dimensións estratéxicas e obxectivos da Axenda Urbana 2030.
O Concello anima a veciñanza a apostar polo consumo de proximidade coa campaña "Compra no teu barrio"
"Compra non teu barrio. A Compostela dos barrios construímola entre todas e todos", é o lema da campaña que inclúe a emisión de cuñas radiofónicas nas principais emisoras locais, anuncios nas redes sociais, e tamén a distribución de 10.000 folletos, 500 carteis e varios muppies nas paradas de autobús.
Coworking Compostela Digital da Cámara de Comercio de Santiago
Durante a próxima semana, do 23 ao 27 de outubro, en horario de 15:30 a 19:30 horas, a Cámara de Comercio de Santiago organiza, de forma PRESENCIAL, a xornada GRATUÍTA:
"Bootcamp de Emprendemento"
AXUDAS DESTINADAS A APOIAS ÁS EMPRESAS DE ECONOMIA SOCIAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Establécense as bases reguladoras do programa COMPOSTELA MÓVESE 2023 “Axudas a empresas de Economía Social” para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas á consolidación e o mantemento de empresas con forma xurídica de cooperativa, sociedade laboral, centro especial de emprego ou empresa de inserción definida como tal segundo o establecido na Lei de Economía Social de Galicia.
A alcaldesa reúnese coa directiva da Área Empresarial do Tambre
Ademais de comentar os trámites que faltan para pór en marcha o Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas -coñecido como o Biopolo- analizaron tamén os avances das infaestruturas como o Orbital e o Orbitaliño.
Outro dos puntos que trataron foi a necesidade de ampliación de solo industrial en Santiago de Compostela, co fin de mellorar a oferta de superficie para a implantación de novas empresas, entre outros temas como o da mobilidade en transporte público e peonil.
Mozos e mozas do programa de emprego Appventurers desenvolverán apps de realidade aumentada en espazos emblemáticos de Santiago
O programa Appventurers combina a formación co traballo, de maneira que o alumnado recibe formación ao tempo que está contratado para realizar un traballo real. En concreto, os mozos e mozas participantes desenvolverán aplicacións móbiles de realidade aumentada sobre o Museo do Pobo Galego, a Praza de Abastos e a senda peonil do Sar. O obxectivo é utilizar estas solucións tecnolóxicas innovadoras para mellorar e enriquecer a experiencia das persoas que visitan eses tres puntos, ofrecendo unha capa de información adicional que axuda a comprender mellor eses lugares.
INDROPS MEDIO AMBIENTE
No proxecto, dentro da liña de axudas CONSOLIDA BIO, INDROPS (www.indrops.es) implementou 2 liñas de innovación.
Coworking Compostela Digital da Cámara de Comercio de Santiago
O vindeiro xoves, 19 de outubro, en horario de 16:00 a 18:00 horas, a Cámara de Comercio de Santiago organiza, de forma PRESENCIAL, a xornada GRATUÍTA:
"Xornada práctica de robótica colaborativa"