• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS ÁS ACTIVIDADES DE DISTRIBUCION PARA INDUSTRIAS CULTURAIS

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2024 pola que se establecen as bases, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT402C).

Determinar as condicións que regularán a concesión de subvencións para promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas vinculadas ás artes escénicas e ou musicais dentro do seu plan de xira comprendidos nos prazos indicados nesta resolución e proceder á súa convocatoria para o ano 2024.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

a) Documentación xeral:

-Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

-Se a persoa solicitante é unha sociedade civil, comunidade de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia, deberá presentar: a. Nomeamento do representante ou apoderado legal único da agrupación. b. Compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e importe de subvención que se lle aplicará a cada un. c. Compromiso de non disolución durante o tempo de duración da actividade subvencionada.

-Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda.

-Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

b) Documentación específica:

-Modalidade A.1, A.2, B.1 e B.2 (subvencións para a distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais fóra de Galicia e subvencións para a representación de espectáculos de artes escénicas e espectáculos musicais en feiras e festivais fóra de Galicia):

     Ficha do proxecto e orzamento de gastos (anexo III).

     Contrato de actuación ou oferta/convite con contido económico.

     Convite para representación promocional en feira.

-Modalidade A.3 e B.3 (subvencións para a asistencia a feiras e mercados de artes escénicas e musicais e fóra de Galicia).

     Ficha do proxecto e orzamento de gastos (anexo III).

     Documento de inscrición como profesional dos asistentes á feira ou mercado ou compromiso de inscrición mediante declaración asinada pola persoa solicitante no caso de non estar aberto o dito período. Deberá achegarse a dita inscrición posteriormente, no caso de ser subvencionado.                            No seu caso, contrato ou declaración asinada pola persoa solicitante, da relación dos asistentes coa entidade.

-Modalidade A.4 (subvencións para a distribución de espectáculos escénicos no territorio da Comunidade Autónoma).

      Ficha de contratación e orzamento de gastos (anexo IV).

      Contrato de actuación ou oferta/convite con contido económico.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poden obter a condición de beneficiarias das subvencións as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas, con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tamén poden ser beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades obxecto da subvención, con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos

Non poderán ser persoas beneficiarias desta convocatoria de subvencións:

a) As asociacións e restantes entidades sen fins de lucro.

b) As persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia