MELLORA DAS ESTRUTURAS DE PRODUCION DAS EXPLOTACIONS AGRARIAS
Consellería do Medio Rural
ORDE do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G). Modificación de plazos
BDNS (Identif.): 739933.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Modificación do prazo de presentación de solicitudes
Modifícase o artigo 24 no referente ao prazo de presentación de solicitudes, que pasa de 2 a 3 meses.
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2024
Establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e convocalas para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G).
Establecemento de persoas agricultoras mozas
Establecemento de novos agricultores.
Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais. Explotacións agrarias.
Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais. Pequenas explotacións.
Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións. Explotacións agrarias.
Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións. Pequenas explotacións.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I, anexo II, anexo III, anexo IV, anexo V ou anexo VI) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
A solicitude de axuda será cuberta a través da aplicación informática Melles á cal pode acceder mediante a seguinte ligazón: https://melles.xunta.gal/melles/sede
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
a) Persoa física que teña entre 18 e 40 anos de idade, conte coa capacidade e competencias profesionais adecuadas e se instale nunha explotación agraria por vez primeira como xefe da dita explotación.
b) Persoa física que teña entre 41 e 55 anos de idade, conte coa capacidade e competencias profesionais adecuadas e se instale nunha explotación agraria por vez primeira como xefe da dita explotación.
c) Persoa física ou xurídica titular/cotitular de explotación agraria inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, excepto no caso de persoa agricultora moza ou nova que solicita simultaneamente a axuda ao establecemento de persoas agricultoras mozas ou novas.
1. Sen prexuízo do previsto no capítulo III, en todo caso, as persoas beneficiarias deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Así mesmo, as persoas beneficiarias deberán dispor dunha contabilidade específica Feader.