• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS A PROXECTOS TURISTICOS PARA O FOMENTO DE TURISMO ENOGASTRONOMICO

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos turísticos para o fomento do turismo enogastronómico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503I)

Estas bases reguladoras teñen por obxecto establecer as condicións para a concesión de axudas a establecementos turísticos para actuacións de adecuación de establecementos enoturísticos que permitan a posta en valor de produtos vitivinícolas e gastronómicos de Galicia, a creación de experiencias enogastronómicas e a creación e ampliación da oferta de aloxamento vinculada ao sector turístico enogastronómico de Galicia (código de procedemento TU503I), así como proceder á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual.

 

Pódense diferenciar tres tipoloxías de proxectos subvencionables:

a) Liña 1: adecuación e embelecemento de establecementos enoturísticos. b) Liña 2: proxectos dixitais vinculados a recursos turísticos enogastronómicos.

c) Liña 3: ampliación e mellora da capacidade de aloxamento do contorno turístico para a posta en valor da enogastronomía de Galicia.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da propiedade do inmoble ou calquera outro título de disposición válido en dereito en que, ademais, se autorice a realización da actuación solicitada, que abranga un período que, como mínimo, garanta o cumprimento das obrigas previstas no artigo 23.

b) Memoria explicativa en que se definan de xeito pormenorizado o investimento e as actuacións que se van desenvolver e que, se é o caso, comprenderá: • Planos de localización do investimento. • Relación, indicando calidades, dos materiais e acabamentos propostos. • Relación detallada dos bens mobles e equipamentos, de ser o caso, con indicación das calidades, localización e número que se van instalar. • Reportaxe fotográfica do ben sobre o cal se vai actuar: exteriores, interiores e da contorno, así como fotografías nas cales se aprecie de maneira concreta o elemento ou elementos obxecto da actuación. • De ser o caso, a contribución á sustentabilidade das liñas 1.1 e 1.2.

c) No caso de proxectos da liña 1: • Memoria explicativa do proxecto enoturístico. • Documentación que acredite a titularidade da adega, se a persoa titular da adega e a persoa solicitante da axuda coinciden. • Acordo asinado entre a persoa titular da adega e a titular do establecemento turístico, se ambas as dúas non coinciden, no cal se estableza o réxime de visitas á adega, se a adega e o establecemento turístico non forman parte das Rutas do Viño de Galicia. • Certificado de adhesión se a persoa titular da adega e a titular do establecemento turístico non coinciden e a adega e o establecemento turístico forman parte das Rutas do Viño de Galicia.

d) No caso de proxectos da liña 2, proxecto dixital que se vai desenvolver.

e) No caso de proxectos da liña 3, experiencia enogastronómica que se vai desenvolver.

f) No caso de proxectos da liña 3, informe previo favorable da Axencia de Turismo de Galicia sobre o cumprimento da normativa de aplicación para a tipoloxía e categoría de establecemento.

g) Para a acreditación da condición de pequena ou mediana empresa deberanse achegar, ademais: • Contas anuais da empresa solicitante e das empresas asociadas ou vinculadas, correspondentes ao último exercicio contable pechado, co xustificante de ser depositadas no rexistro correspondente. • Declaración responsable, emitida por quen represente a empresa, na cal se reflicta o número de persoas empregadas na propia empresa, así como nas empresas asociadas ou vinculadas.

h) Certificado de alta no Censo de empresarios, profesionais e retedores ou certificado de situación censual, expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria, no caso de grandes empresas.

i) Orzamento do investimento, desagregado por partidas, en que se especificará o importe da execución material, así como o custo da redacción do proxecto e da dirección de obra, e todo o equipamento proposto.

j) As tres ofertas de diferentes provedores consonte o artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de ser o caso. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía; deberase xustificar expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

k) Documentación acreditativa da representación suficiente para actuar en nome da empresa, no caso de que non coincida cos datos que figuran no REAT.

l) Anexo VII de declaración responsable de adecuación ao principio de «non causar prexuízo significativo», segundo o establecido no artigo 7. m) Declaración de cesión e tratamento de datos en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (anexo VIII).

n) Declaración responsable do cumprimento dos principios transversais establecidos no Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) e o cumprimento do principio DNSH (anexo IX).

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan inscrito e autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), o establecemento turístico para o cal se solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Requisitos

Son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:

a) Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, vivendas turísticas e albergues turísticos, de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

b) As empresas de restauración (restaurantes, cafetarías e bares) que se enmarquen dentro do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

 

Para o caso da liña 1.1, poderán ser beneficiarias das axudas as empresas titulares de adegas vinculadas a establecementos turísticos. As adegas beneficiarias da subvención deberán inscribirse como recursos turísticos no REAT antes do remate do período de xustificación.

Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e á representación teñen que coincidir cos datos achegados pola persoa solicitante da subvención.

No caso de que o representante legal non sexa o mesmo que o que figura no REAT, deberá acreditarse esta condición coa presentación da solicitude.