Continúa a boa acollida de "TER É MANTER", que recibe 74 solicitudes para este 2024
O pasado mes de xaneiro o Consorcio de Santiago lanzaba unha nova convocatoria do programa "Ter é Manter" de axudas á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas, e ao mantemento da envolvente exterior das vivendas da Cidade Histórica compostelá, cun orzamento de 800.000 euros. Unha vez finalizada a data límite de presentación de solicitudes, o 12 de febreiro, a Oficina Técnica do Consorcio de Santiago contabilizou un total de 74 propostas.
SUBVENCIONS A PROXECTOS TRACTORES DE ENOGASTRONOMIA DE GALICIA
Estas bases reguladoras teñen por obxecto establecer as condicións para a concesión de axudas para a posta en marcha de proxectos tractores que teñan un efecto transformador no sector turístico enogastronómico de Galicia, cos obxectivos de ampliar a oferta de aloxamento e de restauración e promover un turismo enogastronómico sustentable na Comunidade Autónoma de Galicia.
Cine, música, coidado dos animais e saúde, propostas gañadoras nos Orzamentos Participativos de Xuventude
María Rozas salientou que "os Orzamentos Participativos demostran que a mocidade ten ganas de participar, que ten moitas propostas que facer, e que non podemos simplificar e frivolizar cando falamos dos intereses dos mozos e das mozas, porque é evidente vendo as súas achegas que son moitos e moi variados". A concelleira reiterou que "a participación en democracia é unha prioridade, e temos que poñer as ferramentas para que non se limite a votar cada catro anos, e máis no caso da xuventude".
Propostas máis votadas
PROGRAMA DE INCENTIVOS ÁS EMPRESAS CUALIFICADAS COMO INICIATIVAS DE BASE TECNOLOXICA (IEBTs)
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2024 dos incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, coa finalidade de impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.
SUBVENCIONS PARA A PARTICIPACION DE PROFESIONAIS DA CREACION LITERARIA GALEGA EN RESIDENCIAS LITERARIAS FORA DE GALICIA
Esta convocatoria ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de subvencións para estadías en residencias literarias que se realicen fóra de Galicia, dirixidas a profesionais da creación literaria galega para fomentar a difusión da cultura galega e o impulso de relacións de cooperación con outros organismos e centros culturais de referencia (código de procedemento CT215D).
A Rede de Centros Socioculturais converte o comercio de Santiago no "Museo máis pequeno da cidade"
"O museo máis pequeno da cidade" é unha iniciativa da Concellaría de Centros Socioculturais, que parte dunha idea orixinal da artista catalá Noemí Batllorí. Tal e como explicou o concelleiro Xan Duro, "o obxectivo é encher Santiago de pequenos museos con entrada de balde, sen aglomeracións e sen colas, nos que ademais se poderán admirar obras realizadas polos veciños e veciñas de Compostela".
AXUDAS Á NOVA PARTICIPACION DE AGRICULTORES EN RÉXIMES DE CALIDADE
A resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, así como proceder a súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2024 (código de procedemento MR362A).
SUBVENCIONS A SALAS DE CINE PARA PROXECTOS DE INNOVACION
Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais para impulsar proxectos dirixidos a innovar e mellorar o funcionamento dixitalizado e sustentable das salas de exhibición cinematográfica establecidas en Galicia, e fomentar medidas de captación de público e de adaptación aos novos hábitos de consumo audiovisual nestes espazos, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento UE 2021/241, e convocalas para o ano 2024.