• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS PARA O FOMENTO DA COMERCIALIZACION DA ARTESANIA GALEGA

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 14 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento IN201G).

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento da comercialización da artesanía galega. As ditas actuacións deberán estar realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2024 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 20. Así mesmo, excepcionalmente considéranse subvencionables os gastos efectuados desde o 1 de novembro ata o 31 de decembro de 2023 derivados da organización e participación en feiras do período do Nadal 2023-2024, así como os gastos efectuados no ano 2023 para o pagamento da súa reserva.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude, anexo II, a seguinte documentación:

– Titulares de obradoiros artesanais.

No caso de que o titular do obradoiro solicite feiras das cales xa dispón de documentación (feiras Nadal 2023/24 e demais feiras das que dispoña de documentación) achegará, xunto coa solicitude, anexo II, a documentación xustificativa segundo o artigo 20 (facturas, xustificantes dos pagamentos, certificación expresa de participación no certame e documentación gráfica que acredite o cumprimento da utilización de logos e sinaléticas).

Se non dispón de documentación da feira, solicitará a axuda pola modalidade de tíckets cubrindo o cadro que figura no anexo II, Actuacións subvencionables, no recadro reservado para os tíckets. No caso de feiras das cales dispoña de documentación xustificativa (facturas ou factura pro forma) e feiras de Nadal, achegará cuberto o recadro «Feiras xa realizadas (...) e feiras de Nadal 2023/24».

A Dirección Xeral de Comercio e Consumo poderá solicitar certificación da Fundación Pública Artesanía de Galicia que acredite o indubidable interese comercial para o sector artesanal.

– Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns.

a) Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se for o caso, modificación deles, debidamente legalizados. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.

b) Se for o caso, documentación acreditativa da exención do imposto sobre o valor engadido (IVE).

c) Certificado expedido pola persoa que exerza a secretaría ou representación da asociación profesional e empresarial de artesás/áns que acredite a relación de persoas asociadas que a integran, con indicación do seu NIF/NIE correspondente.

d) Memoria que deberá incluír unha descrición da actuación subvencionable indicada no artigo 4.3.2 (mantemento da páxina web), con indicación da denominación da páxina web e o orzamento desagregado en que se detallen, de forma separada, os conceptos e custos obxecto da axuda.

As facturas, facturas pro forma ou orzamentos referidos ás ferramentas de posicionamento dixital deberán estar emitidas polos provedores que presten os referidos servizos ou, de ser o caso, desagregar as actuacións, o custo e os fitos/obxectivos para cumprir.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídos e que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:

Requisitos

Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o último día de prazo establecido para a presentación da solicitude de subvención.

 

Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns de Galicia legalmente constituídas das cales cando menos o 80 % dos seus membros, cun mínimo de 10, figuren inscritos na sección primeira (obradoiros artesáns) do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.