• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Comeza o programa de formación especializada sobre cooperativismo impulsado polo Concello e EspazoCoop

Data de escritura

Mañá bota a andar o programa de formación especializada sobre cooperativismo, enmarcado no convenio de colaboración entre a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude e a Unión de Cooperativas Espazocoop. Serán catro cursos gratuítos presenciais, que se desenvolverán no edificio Cersia de San Lázaro. O obxectivo é consolidar as empresas de economía social, e potenciar o intercambio de experiencias entre elas.

Programa de formación especializada sobre cooperativismo

O primeiro dos cursos celebrarase mañá e estará centrado na xestión das cooperativas, no que tén que ver coa facturación e a fiscalidade. O curso será impartido por Anxo Louzán, de Xiama, e Ángeles Barreiro, de EspazoCoop. A seguinte formación está prevista para o 3 de xullo, correrá a cargo de Isabel García Álvarez, de Xedega, e abordará a xestión laboral das cooperativas. Xa no 10 de xullo, Ramón Rodríguez, de EspazoCoop, falará de intercooperación; e o ciclo pecharáse o 17 de xullo cun curso sobre organización e xestión societaria en cooperativas, a cargo de Rosa Álvarez de EspazoCoop.

O obxectivo do programa de formación, que é posible grazas ao convenio de colaboración entre a Concellaría de Promoción Económica e EspazoCoop, é mellorar a capacitación e consolidar as empresas de economía social, divulgar as boas prácticas e difundir ferramentas que permitan mellorar os procedementos de xestión das cooperativas, e potenciar o coñecemento mutuo e o intercambio de experiencias das cooperativas participantes para establecer alianzas futuras.

Direccións relacionadas