ECONOMÍA CIRCULAR INCLUSIVA
Os Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social e as Empresas de Inserción destacan pola súa capacidade de fomentar a inclusión laboral de grupos vulnerables, como persoas con discapacidade ou en risco de exclusión.
Os Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social e as Empresas de Inserción destacan pola súa capacidade de fomentar a inclusión laboral de grupos vulnerables, como persoas con discapacidade ou en risco de exclusión.
O Programa Integrado de Emprego do Concello de Santiago está dirixido exclusivamente a mulleres desempregadas inscritas como demandantes de emprego, e tén o obxectivo de mellorar a súa ocupabilidade e inserción laboral.
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto a posta en marcha de proxectos para o desenvolvemento e mellora de factores ASG (ambientais, sociais e de gobernanza) nas pemes, cuxa finalidade sexa o desenvolvemento e implantación de solucións avanzadas para a produción, transporte e distribución de materias primas, compoñentes, semielaborados e produtos finais, acadando reducións e aforros na utilización de recursos naturais, auga e enerxía e diminucións na xeración de refugallos, subprodutos ou desperdicios, coa tendencia de converter os refu
Regular a concesión de subvencións para a instalación de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables eléctricas e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.
Neste taller conseguirás de forma práctica e divertida atopar solucións altamente creativas e inspiradoras a hora de debuxar un modelo de negocio. A vez que se xerará un espazo de análise sobre os aspectos clave dos proxectos empresariais dos participantes, tanto persoas emprendedoras, autónomos ou empresario/as.
Santiago pechou o mes de marzo con 7.208 traballadores e traballadoras autónomas, 42 máis dos que había no mes de marzo de 2021. O presidente da UPTA explicou que "esta evolución positiva contrasta cos datos preocupantes de Galicia, que no mesmo periodo de tempo perdeu case 2.500 autónomos e autónomas". No conxunto da comunidade temos 205.085 traballadores e traballadoras por conta propia, fronte ás 207.552 que había en marzo de 2021.
Estas bases teñen por obxecto aprobar as condicións polas cales se rexerá a concesión de axudas por parte do Igape para favorecer o incremento da internacionalización das grandes empresas, coa finalidade de incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización.
O obxectivo principal destas bases é conseguir a internacionalización real de empresas galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores.
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto a posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha peme galega e outras empresas ou entre dúas ou máis empresas galegas como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.
Determinar as condicións que regularán a concesión de subvencións para promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas vinculadas ás artes escénicas e ou musicais dentro do seu plan de xira comprendidos nos prazos indicados nesta resolución e proceder á súa convocatoria para o ano 2024.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de axudas ás galerías de arte que desenvolvan a súa actividade no ámbito da Comunidade Autónoma galega, para facilitar a súa participación en feiras e eventos do sector que teñan lugar entre decembro de 2023 e novembro do ano 2024 fóra da Comunidade (código de procedemento CT215C).