• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O alumnado do obradoiro de emprego Appventurers desenvolve unha app de realidade aumentada no Museo do Pobo Galego

María Rozas explicou que PoboAR é unha aplicación de realidade aumentada, que procura facer a visita ao Museo do Pobo Galego "máis educativa e inmersiva". Para utilizala é preciso descargar a app móbil, dispoñible para Android, e escanear os pictogramas que xa están instalados nas diferentes salas do museo. En cada unha delas, a aplicación fará aparecer a Rosalía de Castro ou a Castelao, que serán os encargados de explicar diferentes cuestións de cada un dos espazos expositivos.

Mozos e mozas do programa de emprego Appventurers desenvolverán apps de realidade aumentada en espazos emblemáticos de Santiago

O programa Appventurers combina a formación co traballo, de maneira que o alumnado recibe formación ao tempo que está contratado para realizar un traballo real. En concreto, os mozos e mozas participantes desenvolverán aplicacións móbiles de realidade aumentada sobre o Museo do Pobo Galego, a Praza de Abastos e a senda peonil do Sar. O obxectivo é utilizar estas solucións tecnolóxicas innovadoras para mellorar e enriquecer a experiencia das persoas que visitan eses tres puntos, ofrecendo unha capa de información adicional que axuda a comprender mellor eses lugares.