Mozos e mozas do programa de emprego Appventurers desenvolverán apps de realidade aumentada en espazos emblemáticos de Santiago
O programa Appventurers combina a formación co traballo, de maneira que o alumnado recibe formación ao tempo que está contratado para realizar un traballo real. En concreto, os mozos e mozas participantes desenvolverán aplicacións móbiles de realidade aumentada sobre o Museo do Pobo Galego, a Praza de Abastos e a senda peonil do Sar. O obxectivo é utilizar estas solucións tecnolóxicas innovadoras para mellorar e enriquecer a experiencia das persoas que visitan eses tres puntos, ofrecendo unha capa de información adicional que axuda a comprender mellor eses lugares.