• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS BONOS TALENTO EMPRESA

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 10 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas dos Bonos Talento empresa para a realización de proxectos formativos de curta duración que se desenvolvan por parte das entidades beneficiarias, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021- 2027, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2024-2025 (código de procedemento TR302D).

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión dos Bonos Talento empresa, destinados á formación non formal mediante a realización de proxectos formativos de curta duración que teñan como obxectivo mellorar as capacidades das empresas e contribuír ao desenvolvemento profesional dos seus cadros de persoal.

Así mesmo, por medio desta orde convócanse estas axudas para o período 2024‑2025, en réxime de concorrencia non competitiva, axustándose as axudas concedidas no marco da presente orde ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude da axuda (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (memoria proxecto formativo).

b) Anexo III (ficha de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas).

c) Anexo IV, declaración da condición de peme: mediana, pequena empresa ou microempresa, para os efectos de calcular a porcentaxe de intensidade máxima (50, 60 ou 70 %) do gasto subvencionable, en función do tamaño da empresa, segundo o indicado no artigo 11.2. Deberán cubrir este anexo IV todas as entidades solicitantes, independentemente de se son empresas ou autónomos/as. Non é necesario que o cubran as grandes empresas, ás que se lle aplicará a intensidade do 50 %.

d) Unicamente no caso de seren pemes vinculadas ou asociadas ou participadas, segundo as definicións recollidas nos artigos 3.4 e 3.5 desta orde, de acordo cos criterios establecidos no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, deberanse achegar, ademais do anexo IV:

    • Os anexos IV-A e IV-A.1, no caso de empresas asociadas, e/ou

    • Os anexos IV-B e IV-B.1, no caso de empresas vinculadas,

    • Tamén se deberá achegar, en ambos os casos, como documentación complementaria, para cada unha das empresas vinculadas e/ou asociadas, a documentación das alíneas f), g), h) e i) deste artigo.

e) Cando se actúe mediante representación, documento público acreditativo do poder co que actúa a persoa representante da entidade solicitante (escrituras, poder cumprido, entre outros).

f) No caso das entidades que estean obrigadas á inscrición no Rexistro Mercantil ou en calquera outro rexistro público, nota simple ou certificación do Rexistro Mercantil actualizadas, na cal se especifique a data de constitución, o obxecto social, a sede social e a clasificación CNAE. No suposto de que sexan empresas que non están obrigadas por lei a inscribirse no Rexistro Mercantil ou en calquera outro rexistro público ou que non teñan o domicilio social en Galicia, deberán presentar documentación acreditativa da constitución, na cal se especifique a data en que se produciu esta. No caso de persoas traballadoras autónomas, informe de vida laboral actualizado.

g) Declaración completa do ultimo exercicio fiscal pechado do imposto de sociedades (modelo 200), do imposto da renda das persoas físicas (modelo 100) ou da declaración informativa (modelo 184), segundo corresponda pola forma xurídica da entidade solicitante.

h) Informe de traballadores/as en alta (ITA) emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social na data de solicitude da axuda.

i) Informe de cadro de persoal medio anual emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social do ultimo exercicio fiscal pechado.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán solicitar as subvencións previstas nesta orde as microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes) e grandes empresas, segundo as definicións do artigo 3 da presente orde, validamente constituídas e con actividade ininterrrompida, cando menos, desde tres anos antes da data de publicación da presente convocatoria, con centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver a actividade para a cal solicitan a subvención, que posúan capacidade técnica e financeira suficiente para a execución das accións subvencionadas e non incorran nas circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Tamén poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas que teñan con‑ tratadas ao seu cargo persoas traballadoras por conta allea, validamente inscritas no réxime especial de traballadores autónomos ou no réxime especial de traballadores do mar por conta propia, con centro de traballo en Galicia e cunha antigüidade como cotizante igual ou superior a tres anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data de publicación da presente convocatoria.

Poderán participar nas accións formativas obxecto de financiamento:

a) As persoas traballadoras ocupadas por conta allea que presten os seus servizos nas entidades beneficiarias destas axudas e estean adscritas ao centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) As persoas traballadoras ocupadas por conta allea que se atopen contratadas baixo a modalidade de fixas descontinuas poderán realizar a formación tanto nos períodos de ocupación como de non ocupación.

A consideración como persoas traballadoras ocupadas por conta allea virá determinada pola situación laboral en que se atopen na data de comezo da acción formativa.

Requisitos

Para obter a condición de beneficiaria destas subvencións requirirase:

a) Asumir a totalidade de dereitos e obrigacións inherentes a tal condición, derivada da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do seu regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

b) Cumprir co estipulado nestas bases reguladoras.

c) Non incorrer en ningún dos supostos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

d) Non ter débedas por reintegro de axudas ou préstamos coa Administración, ou estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co Mercado Común.