Compilación de información oficial sobre as actividades económicas autorizadas a operar
Pódese consultar nesta nova a seguinte documentación oficial:
Pódese consultar nesta nova a seguinte documentación oficial:
En consecuencia, a cartelería foi evolucionando na mellora do contido, con ofertas atractivas e imaxes suxestivas. O salto á cartelería dixital permitiu incorporar vídeos e outros contidos dinámicos, así como ofrecer unha imaxe máis moderna. A súa implantación nas axencias é aínda incipiente pero vai tomando forza, do mesmo xeito que no comercio plo miúdo en xeral, con crecementos estimados aproximados de entre un 10-20% anual.
Unha destas técnicas é a do Xeomárketing, aproveitar a nosa localización física, xunto coas ferramentas informáticas, que nos permitan chegar aos clientes que viven ou están de paso polas nosas localizacións físicas.
Segundo o estudo, “o consumo en España está a dar mostra de esgotamento”, como reflicte o descenso no número de persoas consumidoras que declararon comprar bens e servizos en distintas áreas (saúde, electrónica, mobles, reformas…). A porcentaxe cae en case todos os sectores se o comparamos co ano anterior, salvo en lecer, onde os españois e as españolas aumentaron o gasto un 5%.
Á fin e ao cabo, as razóns crave que se dan para explicar por que están en crises os centros comerciais en Estados Unidos (os centros quedáronse anticuados, o empuxe do comercio electrónico e o exceso de oferta que protagonizan), pódense ver e atopar tamén nos centros comerciais europeos.
Os novos hábitos de consumo e o avance da venda online están a dar un novo sentido ao comercio físico. O novo comercio polo miudo está definido por dous factores: conveniencia e experiencia. “A experiencia por metro cadrado será a nova métrica para medir o éxito dunha tenda nunha contorna competida e desafiante”, asegura KPMG no informe Global Retail Trends 2018.
Metodolóxicamente esta nova entrega do informe “Retail Revolution” pretende ser eminentemente operativa e práctica, con casos reais que sustentan as tendencias e roles, pero cunha base sólida e contrastada baseada na análise de datos para a formulación de "insights" inspiradores.
Segundo a asociación, “a alta eficiencia alcanzada permite ofrecer a alimentación a uns dos mellores prezos de Europa”, ata 6 puntos por baixo da media europea, sobre o barómetro de Eurostat. Durante 2016, destaca a apertura dos chamados “novos modelos de tendas”, máis eficientes enerxéticamente e pensados para ofrecer unha experiencia de compra positiva e memorable para consumidores e consumidoras.
Establecer un espazo de coworking nunha propiedade comercial ofrece aos traballadores e traballadoras un espazo divertido pero funcional con gran accesibilidade, amplo estacionamento e utilidades de valor engadido como servizos persoais, compras e supermercados. Doutra banda, estes inquilinos e inquilinas traen tráfico diario e teñen un contrato de aluguer estable que adoita ser de cinco a 10 anos.
En contra do que puidésemos pensar, esta xeración aposta pola compra física. En concreto, un 57% dos millennials españois afirma que acudir a unha tenda física é para eles un pracer. E entre os principais motivos que esgrimen destacan que prefiren tocar o produto e necesitan probarllo.