O Concello garante xa a continuidade de máis do 90% dos contratos municipais
En concreto, o Concello xa subscribiu estes acordos coas empresas Alcampo, Día, Froiz, Gadis, El Corte Inglés e Vego-Eroski, pero continúanse as conversas con outras firmas para que tamén se poidan incorporar a esta modalidade de subministración. Nestes establecementos, as familias en situación de vulnerabilidade poderán facer uso de tíckets especiais de compra por valor de 50 euros quincenais no caso de unidades familiares de 1 ou 2 persoas, e de 50 euros semanais no caso de unidades con 3 ou máis integrantes.