Campaña de apoio ao sector comercial
Data de escritura
O Ministerio de Industria, Comercio y Turismo, a través da Secretaría de Estado de Comercio, e as Cámaras de Comercio, puxeron en marcha este luns 11 de maio, a campaña #TeEstamosEsperando de apoio á actividade comercial.
O lanzamento coincide co inicio da fase 1 do Plan para a Transición a unha Nova Normalidade na totalidade do territorio de once Comunidades Autónomas, de maneira parcial noutras cinco, e nas Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.
A campaña, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, pon en valor atributos do comercio como a proximidade, a confianza e a calidade, e resalta as medidas de seguridade que o sector adoptou para garantir aos seus clientes unha compra con todas as medidas de seguridade.
Enlaces