• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Carta do Alcalde Xose A. Sánchez Bugallo ás institucións económicas e empresariado do Concello de Santiago de Compostela

Data de escritura

Estimados/as Empresarios/as e veciños/as,

 

O pasado 14 de marzo,  o Real Decreto 463/2020, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, publicado no BOE:  https://www.boe.es/boe/dias/2020/03/14/pdfs/BOE-A-2020-3692.pdf,  estableceu, entre outras,  medidas de contención, como son o peche de boa parte dos negocios:  no  ámbito educativo e da formación, da actividade comercial, equipamientos culturais, establecementos e actividades recreativas, actividades de hostalería e restauración, e outras adicionais.

 

No día de hoxe entran en vigor o R.D. – lei 8/2020, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 https://www.boe.es/boe/dias/2020/03/18/pdfs/BOE-A-2020-3824.pdf , unhas que contemplan aportar máis liquidez para a economía: Apoio a familias e cidadáns vulnerables; Flexibilidade nos axustes temporais de plantillas (unha nova regulación dos ERTEs); Concesión da prestación por desemprego sen esixir periodo de carencia, e a suspensión temporal do pago de cotizacións a empresas, autónomos e traballadores.

Este apoio á liquidez das empresas, especialmente de pymes e autónomos son esenciais para mitigar os efectos sobre o emprego e a produción, pero tamén será preciso, superada a crise sanitaria, acelerar a aplicación de  medidas estructurais para estimular a economía y axudar para reducir o seu impacto.

Igualmente, dende o Concello estamos determinados a que a repercusión desta crise, en empresas e autónomos sexa a mínima posible, e buscaremos en unión cas asociación empresariais e sindicatos da Cidade, solución para mitigar os seus efectos.

Un saúdo.

 

 

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde