• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Ciclo formativo para afondar nas vantaxes dos servizos do programa ReAcciona

O programa ReAcciona é un dos instrumentos cos que a Xunta está a traballar na mellora da competitividade do tecido empresarial ao abeiro da Axenda Galicia-Industria 4.0, coa que se prevé incrementar ata o 20% o peso da industria no PIB, impulsando a creación de 50.000 empregos na industria ata 2020. O programa, cofinanciado ao 80% con fondos Feder, apoia ás pemes galegas na profesionalización dos seus equipos directivos e nos plans de xestión e desenvolvemento estratéxico para o seu crecemento ou internacionalización.

Terceira edición do coworking de Santiago de impulso a proxectos emprendedores

As iniciativas de coworking teñen como obxectivo prioritario acelerar o desenvolvemento de proxectos empresariais e a creación de emprego sobre o territorio, aumentando a probabilidade de éxito das ideas impulsadas polas persoas emprendedoras, neste caso de Santiago, e facilitando a súa posta en marcha e a súa consolidación temperá.

OBRADOIRO DE DESEÑO DE CAMPAÑAS DE MARKETING

Será un taller totalmente práctico no que cada participantes en base a todos os recursos vistos elaborará o seu propio plan estratéxico de marketing para o 2018.

Para elo deseñará o o plan xeral e as micro- campañas que se desenvolverán tanto no ámbio online como offline en base aos seus obxectivos.

O obradoiro realizarase na Aula de Formación da Praza de Abastos o 7 de febreiro de 17 a 21 horas.

Obxetivo e contido:

Incentivos ás empresas de inserción laboral

A inserción sociolaboral por medio de empresas de inserción laboral vai dirixida a persoas desempregadas en situación ou en risco de exclusión social nas cales concorran un ou varios factores de exclusión relacionados neste artigo.

A situación e as circunstancias de risco ou exclusión social que determinen a cualificación dunha persoa como posible traballador ou traballadora en proceso de inserción nunha empresa de inserción laboral serán acreditadas polo Sistema Galego de Servizos Sociais.

Pactos entre emprendedores e investidores: qué hay que saber

Na sesión, Albert Fernández abordará os pactos que se deben establecer entre emprendedores e accionistas nas etapas iniciais dun proxecto, período no que é importante que o equipo emprendedor estableza algunhas cláusulas para que a continuidade da empresa non se vexa afectada en caso de conflito ou saída dalgún investidor. Así mesmo, incidirá na relevancia de fixar condicións en defensa dos intereses económicos e políticos, tanto de emprendedores como de accionistas, nas diferentes roldas de financiamento.