• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Axudas económicas destinadas ao fomento do emprego 2018

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela fai pública unha convocatoria de axudas a empresas para a contratación de persoas sen emprego e a emprendedores que decidan iniciar unha actividade empresarial e/ou profesional, e que finalicen, no marco do Programa Integral de Cualificación e Emprego, a fase de orientación vocacional do Plan de Capacitación. Estas axudas estarán cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020.

O texto completo da convocatoria atópase dispoñible na web www.camaracompostela.com e na sede da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, sita en rúa San Pedro de Mezonzo, 44 baixo. 15701 Santiago de Compostela.

O importe da subvención concedida por cada contratación realizada será de 4.950,00€. A contratación deberá formalizarse con persoas que na data de inicio da mesma sexan beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, nos termos previstos na normativa estatal que o regula, e que polo menos finalizasen a orientación vocacional dentro do Plan de Capacitación do  PICE.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición