Curso online gratuito sobre "Elaboración de derivados lácteos ecolóxicos"
A Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE) abre o prazo de inscrición para un curso, en liña e gratuíto, dirixido exclusivamente a traballadores/as en activo de Galicia (sexan ou non do sector rural ou agroalimentario). Este curso é sobre “Elaboración de derivados lácteos ecolóxicos de vaca, ovella e cabra” e desenvolverase entre o 26 de abril e o 28 de maio.
O obxectivo do curso é formar a pequenos e medianos gandeiros, empresarios, traballadores do sector agroecolóxico e estimular a elaboración ecolóxica de diferentes produtos lácteos mediante boas prácticas ambientais.
Contido do curso:
Tema 1. Introdución. Aspectos xerais da industria de elaboración de lácteos.
Tema 2. Gandaría ecolóxica e produción ecolóxica de leite
Tema 3. Fundamentos dos procesos industriais de elaboración de queixos e outros derivados lácteos de vaca, cabra e ovella
Tema 4. Elaboración ecolóxica de queixos: frescos e de untar, de pasta branca, curados e semicurados
Tema 5. Elaboración ecolóxica doutros derivados lácteos (leite de consumo, nata, manteiga, iogurt e xeados)
Tema 6. Aproveitamento de subprodutos

Tema 7. Datos para o deseño ou reconversión da empresa ecolóxica. Boas prácticas
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
Traballadores do sector en activo de GALICIA. Débese entregar copia da nómina, certificado de empresa ou recibo de autónomos. Préstase especial atención aos colectivos: - Mulleres - Novas ata 35 anos - Persoas maiores de 45 anos - Residentes en áreas protexidas e/ou zonas rurais