Xornada tecnolóxica de presentación de produtos innovadores
No acto, organizado polo Clúster TIC Galicia, as persoas asistentes terán a oportunidade de observar de primeira man como os produtos 4.0 ofrecen solucións para paliar as carencias que teñen neste eido as empresas galegas ao tempo que contribúen á mellora das súas oportunidades de negocio. Ademais, poderán coñecer, nunha exposición práctica, a aplicación inmediata das innovacións aos diversos sectores nos que poden ter mercado.







