• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Expreme a biotecnoloxía e encontra a túa media laranxa

Bioga e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) organizan o VI BioSpeed Dating no CIMUS (Avenida de Barcelona, 22) en Santiago de Compostela o próximo 03 de Maio. Ao longo da xornada desenvolveranse toda unha serie de actividades enfocadas ao networking.

Este ano denominase “BioSpeed Talent” xa que a temática versará en conectar, a través de “citas” curtas, empresas con talento innovador dos grupos de investigación e perfís especializados que poidan optar a axudas para a contratación de persoal para a realización de actividades de I+D+i e desenvolvemento de negocio no ámbito biotec (Principia, Talento Senior…). Con esta iniciativa preténdese aumentar as capacidades de colaboración entre industria-academia e xestionar talento innovador cara á xeración de proxectos no sector.

Programa da xornada:
15:30-16:00 Inauguración da xornada
16:00-16:30 Conferencia/Conectando empresas con talento innovador
16:30-17:00 Pausa Café

17:00-19:00 Xuntanzas individualizadas 19:00-20:00 Pinchos e Networking

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Grupos de investigación ou empresas interesadas na procura de oportunidades de colaboración, tecnólogos con vocación de desenvolver a súa carreira profesional en empresas biotecnolóxicas ou empresas que busquen ampliar o seu persoal.