• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xornada tecnolóxica de presentación de produtos innovadores

A Xunta, a través do Igape, promove a xornada tecnolóxica de presentación de produtos innovadores desenvolvidos por empresas TIC galegas que se celebrará o xoves 19 de abril, de 9.30 a 14 horas, na Cidade da Cultura (Sala Eisenman), en Santiago de Compostela.

No acto, organizado polo Clúster TIC Galicia, as persoas asistentes terán a oportunidade de observar de primeira man como os produtos 4.0 ofrecen solucións para paliar as carencias que teñen neste eido as empresas galegas ao tempo que contribúen á mellora das súas oportunidades de negocio. Ademais, poderán coñecer, nunha exposición práctica, a aplicación inmediata das innovacións aos diversos sectores nos que poden ter mercado.

Resumo do programa

  • 09:30h - Recepción de asistentes
  • 09:45h - Apertura da xornada coa intervención de Antonio Rodríguez Del Corral, Presidente do Cluster TIC Galicia, e Norberto Penedo, Director da Área de Competitividade do IGAPE.  
  • 10:00h - O coche do futuro: tecnoloxía para unha nova automoción (XESOL) 
  • 10:45 h - Protexendo a cadea de datos: tecnoloxías blockchain (TECALIS) 
  • 11:30 h - Pausa-café de networking 
  • 12:00 h - Rolda de presentación de produtos innovadores coa intervención de Juan Cividanes, Director Xeral do IGAPE: AVA, CINFO, CLEVENTY, COUNCILBOX, OZONA, SITUM 
  • 13:30 h - Clausura da xornada, coa intervención de Francisco Conde, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria 
  • 14:00 h - Viño galego de networking

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

A todas aquelas entidades que estén interesadas en novo produto tecnolóxico, tanto para coñecer a tecnoloxía que se está a comercializar en Galicia, coma potenciais clientes ou, incluso, como inversores en tecnoloxía.