• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Premios Peme do ano 2018

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio da Coruña, xunto co Banco Santander, convocan a segunda edición do premio Peme do Ano co obxectivo de recoñecer o labor das pequenas e medianas empresas como xeradoras de riqueza e creadoras de emprego no desempeño do seu labor cotián. O premio conta coa colaboración do diario La Voz de Galicia.

Esta segunda edición do Premio Peme do Ano trae varias novidades. Ademais da Peme do Ano 2018 da Coruña, o xurado concederá tres accésit a outras tantas empresas nas categorías de Internacionalización, Dixitalización e Innovación e Formación e Emprego. A Peme do Ano da Coruña concorrerá ao Premio Peme do Ano 2018 de España, que se fallará no primeiro trimestre de 2019.

Quen pode participar?
Todas as empresas con menos de 250 empregados e/ou menos de 50 millóns de facturación anual no último exercicio (2017) e cuxa sede social estea na provincia da Coruña.
As empresas gañadoras en edicións anteriores do premio poderán volver presentar a súa candidatura, sendo elegibles para algún dos accésit pero non para o premio Peme do Ano 2018 da Coruña.

Como podo participar?

Só tes que enviar o formulario debidamente cumprimentado

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición