Xornada "O valor social do diñeiro: finanzas responsables"
Información práctica:
Data: martes 17 de abril de 2018
Horario: De 10 a 14 horas
Lugar de celebración: Edificio CERSIA Empresa. Rúa Alcalde Raimundo López Pol (Barrio de San Lázaro) - Santiago de Compostela.
Obxectivos:
Dar a coñecer as finanzas éticas como instrumentos financeiros acaídos para as entidades da economía social e do cooperativismo en particular.
Difundir boas prácticas e recursos útiles.
Estimular o debate ao redor da temática con persoas expertas e o público participante e intercambiar e compartir experiencias.
As finanzas e axentes financeiros convencionais basean o desenvolvemento da súa actividade e os seus obxectivos na persecución dun rendemento económico tan alto e inmediato como sexa posible, é a lóxica do máximo beneficio. Basear unha actividade tan decisiva para moldear as sociedades como o é a financeira, para perseguir, case exclusivamente, o máximo lucro posible xera, en moitas ocasións, efectos negativos graves como a vulneración dos dereitos humanos ou a destrución da contorna ecolóxica, entre outros.
As finanzas éticas nacen desde os movementos sociais, pacifistas e/ou ecoloxistas, para dar resposta á inquedanza de moitas persoas, empresas e entidades que non querían ver como o seu diñeiro estaba vencellado ao fomento de actividades contra as cales loitaban. As finanzas éticas, nacen da idea de que se empregasen as ferramentas bancarias para un desenvolvemento positivo da sociedade e basean a súa forza na súa sinxeleza. Algo tan simple como incorporar a ética ás decisións de aforro e investimento.
Esta visión cambia completamente as motivacións, obxectivos e acentos da intermediación financeira ao respecto da banca tradicional. Os recursos financeiros enténdense como unha ferramenta ao servizo das persoas e nunca como unha ferramenta simplemente lucrativa . Trátase de rescatar o valor social do diñeiro.
Programa:
9:30
Recepción
9:45
Inauguración Alba Paz, Subdirectora Xeral de Economía Social da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
10:00
Entidades de finanzas éticas e/ou cooperativas da economía social galega: presentación da entidade e dos seus servizos e produtos.
Modera: Mar Pernas Márquez - Unión de Cooperativas EspazoCoop - Coop57 cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios.
Ramón Rodríguez Padín - Fiare Banca Ética, banca cooperativa ética.
Gonzalo Gesto Quiñoy - AIS O Peto, asociación por un interese solidario
Esteban González Bernárdez - Caixa Rural Galega, cooperativa de crédito.
José Manuel López Marcos - Cajamar, cooperativa de crédito
11:15
Coloquio
12:00
Café : relacións de intercambio e contactos
12:30
Coñezamos experiencias de financiamentos realizados polas entidades éticas, solidarias e/ou cooperativas.
Experiencia financiada por Coop57
Experiencia financiada por Fiare
Experiencia financiada por AIS O Peto
13:45
Clausura:
Concepción Fernández Concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos Concello de Santiago de Compostela.
14:00

Remate da xornada.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
Ás cooperativas e demais entidades da economía social e solidaria A persoas e grupos de emprendemento, a empresas e entidades en procesos de mellora, consolidación e/ou crecemento. A servizos de orientación ao emprendemento. A persoas físicas e xurídicas que prestan servizos de asesoramento e consultoría de empresas. A persoas e entidades interesadas no aforro ético e solidario.