Bolsas xerenciais en entidades de economía social 2018
A Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop ofréceche un recurso gratuíto, abre a convocatoria de Bolsas para Entidades de Economía Social. Esta convocatoria está dirixida a: cooperativas e outras entidades de Economía Social, con preferencia para cooperativas socias de Espazocoop, así como organizacións do tecido da economía social e solidaria de Galicia, en particular tamén do Foro da Economía Social Galega.
A finalidade do programa é mellorar as condicións nas que as cooperativas e entidades de economía social confrontan a función xerencial. O programa é de carácter gratuíto para as entidades solicitantes.
As persoas bolseiras seguen un Plan de Traballo, un programa formativo, teórico e práctico, de xerencia en entidades de economía social, trátase de desenvolver un plan para a mellora xerencial na cooperativa/entidade. As bolseiras serán tituladas que contarán cunha persoa titora que se encarga de realizar seguimento e acompañamento dos traballos prácticos que fai na empresa, como poden ser: acadar información relevante dos distintos ámbitos da organización, analizar as diferentes áreas, ordear a información acadada, realizar propostas, planificar, aplicar as accións de mellora que decida a dirección, realizar o seguimento das medidas tomadas na entidade, etc.
Para cada entidade beneficiaria dunha bolsa, os traballos que se realicen, terán un certo grao de adaptación ás necesidades e demandas que esta manifeste ou que se detecte máis necesaria na área xerencial.
Con preferencia poden solicitalas as cooperativas asociadas a Espazocoop así como aquelas empresas e entidades vinculadas ao tecido asociativo da Economía Social e Solidaria en Galicia, como por exemplo, o Foro da Economía Social Galega ou REAS Galicia. No caso de que non se cubran as prazas, outras cooperativas e entidades de economía social solicitantes do programa que teñan interese en mellorar o labor xerencial e que non teñan persoal concreto e/ou profesionalizado para a xerencia.
As cooperativas que sexan beneficiarias de bolsa, por un lado, terán dereito a dispor dunha persoa bolseira na área xerencial da cooperativa, con acompañamento dunha persoa titora de Espazocoop, e por outro lado, adquirirán certas obrigas ou compromisos (de participación no programa, de atención e colaboración coa persoa bolseira, etc.) Na cooperativa deben existir unhas condicións mínimas de atención e dedicación á bolsa e á persoa bolseira, tanto para que poida desenvolver os traballos encomendados, como para que a coopera