Programa PICE de empregabilidade para menores de trinta anos
O programa gratuíto PICE está composto por un conxunto de accións de orientación, formación e achegamento ás empresas que persegue a empregabilidade de mozos e mozas de 16 a 29 anos. Está deseñado a medida do perfil, intereses e grao de cualificación e capacitación dos máis novos e responde á demanda actual das empresas.
Dentro do plan de capacitación do PICE, destinado a ofrecer accións directas de formación, adaptadas ás capacidades e necesidades e ás demandas empresariais para favorecer as posibilidades de inserción laboral de cada participante, celebrarase un curso de formación troncal e tres de formación específica, todos gratuítos e con prazas limitadas, para o que será necesario realizar unha inscrición previa nas oficinas centrais da Cámara de Comercio de Santiago (rúa San Pedro de Mezonzo 44, baixo).
En relación á formación específica, para o que será preciso cursar primeiro a formación troncal, celebraranse tres cursos. Do 2 ao 31 de maio celebrarase un curso práctico de xestión administrativa e outro de atención ao cliente para turismo e hostalería, ambos en horario de 9:00 a 14:00 horas. E do 4 ao 27 de xuño programouse un curso de community manager e marketing dixital, de 9:00 a 14:00 horas.
Requisitos de participación: Ser beneficiario do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil Menor de 30 años Non estar estudiando Non estar traballando Estar inscrito e orientado no PICE