• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Día Internacional das Rapazas nas TIC

O próximo 26 de abril de 2018 é o Día Internacional das rapazas nas TIC, e celebráse por todo o alto no CESGA!

Non sabedes o que é o día das Rapazas nas TIC? É unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.

Pola mañá, ás 11, celebraremos un coloquio virtual dende os centros educativos por multiconferencia con varias mulleres emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, ás que o alumnado participante dos centros galegos de secundaria e primaria poderá coñecer o seu día a día, preguntar calquera dúbida sobre este eido profesional ou as motivacións persoais que as levaron a traballar neste eido. A duración da actividade será de unha hora e media, ata ás 12:00. As participantes deste ano son as seguintes:
María José Durán é enxeñeira informática e fundadora da tenda online Potingues Verdes (http://potinguesverdes.com/)
Ana Cidre é unha Women Techmaker Lead, organizadora da GDG Vigo e fundadora do grupo GalsTech. Desarrolladora de software especializada en Angular.
Susana Rey é enxeñeira en telecomunicacións, máster en Seguridad de la Información e responsable de seguridad en R.
Cecilia Grela é enxeñeira informática, máster en Consultoría en Software Libre e desarrolladora de software en proxectos de I+D+i (entre outros ICT-Go-Girls!) e formadora en TIC.

Pola tarde (de 5:00 a 7:00 PM), celebraremos unha xornada de portas abertas con actividades e visitas ao corazón del Superordenador Finis Terrae 2 para rapazas (e rapaces!) de entre 10 a 14 anos. Haberá demostracións e talleres de robótica, impresión 3D, Realidade Aumentada e Virtual, Arte dixital…

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición