• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A sexta edición da Maker Faire Galicia terá lugar do 18 ao 22 de novembro en formato online

Sánchez Bugallo resaltou que o 70% dos poñentes son mulleres", o que lle chama a atención "positivamente". Para o rexedor, isto significa que a incorporación das mulleres ás novas tecnoloxias está sendo "tremendamente positiva". Tamén incidiu en como se afronta a feira, "desde multitude de ámbitos: da producción, das ciencias sociais…" Hai iniciativas, sinalou "que se están desenvolvendo que implican que as novas teconoloxías, que a dixitalización, que esta innovación chegou para quedarse; e que vai ser transversal a todos os segementos da poboación e en todos os sectores.

O Pleno aproba por unanimidade a exención da taxa de terrazas para os locais de hostalería para o ano 2021

Grazas á aprobación desta medida, durante o vindeiro ano, non estarán suxeitas a taxa pola utilización privativa e o aproveitamento especial de dominio publico local as ocupacións de solo e subsolo contempladas na letra g) do artigo 2 da devandita ordenza, relativas á ocupación con mesas, cadeiras, tribunas, quioscos de hostalaría e outros elementos análogos con finalidade lucrativa.

A Oficina de Promoción Económica oferta tres obradoiros online de balde sobre dixitalización e venda por internet dirixidos á hostelería, comercio e empresas culturais

Os obradoiros que serán impartidos por Juan Magariños, experto en asesoramento e formación integral para PEMES e persoas emprendedoras en productividade e dixitalización celebraranse integramente de xeito online.

· O dirixido ao sector comercial os martes días 10 e 17 de novembro de 9:00 a 11:00h.

· O dirixido ao sector da hostelería os mércores días 11 e 18 de novembro de 9:00 a 11:00h.

· O dirixido ao sector cultural os xoves 12 e 19 días de novembro de 9:00 a 11:00h.

Comeza o plan formativo do programa de Mellora Empresarial da Economía Social, que ten como obxectivo dotar as cooperativas de servizos de apoio ante a actual crise

Este plan formativo está destinado a persoas interesadas no emprendemento cooperativo, socias e persoal de cooperativas, organizacións de economía social e público en xeral do concello de Santiago. A inscrición continúa aberta, por se hai máis persoas interesadas en realizar o curso.

Restricións aprobadas para Santiago na orde da Xunta de Galicia de 21 de outubro de 2020

Obrigatoriedade do uso de máscara, mantemento da distancia interpersoal e hixiene de mans.

- Grupos de máximo 5 persoas. Limítanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento familiar ou social en espazos públicos ou privados aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.

- CERIMONIAS NUPCIAIS E OUTRAS CELEBRACIÓNS RELIXIOSAS OU CIVÍS • Ao aire libre: 50 persoas
• Espazos pechados: 25 persoas

A VI Maker Faire Galicia, na que colabora o Concello, será online e contará cunha xornada destinada en exclusiva á educación

O evento celebrarase do 18 ao 22 de novembro a través dunha plataforma que integrará un Museo Gaiás Virtual. Contará con dúas xornadas profesionais, que se desenvolverán os días 18 e 19 de novembro, e que estarán organizadas por sectores, poñendo en valor aqueles onde Galicia ten un gran potencial como son a alimentación, saúde, aeronáutica, automoción, enerxía e téxtil.

O alcalde salienta o compromiso do Concello cos cinco puntos recollidos no acordo do Foro Cívico

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, amosou o "compromiso total e absoluto" do Concello de Santiago cos cinco puntos que recolle o Acordo do Foro Cívico asinado na Cámara de Comercio compostelá en maio de 2019; a industrialización, a intermodal, a EDAR, a mellora das conexións e infraestruturas, e a modernización da administración local.

O 28 de setembro remata o prazo para solicitar as axudas do Consorcio para a adecuación dos locais comerciais da cidade histórica

A finalidade destas axudas é apoiar ao comercio na súa adaptación ás esixencias da nova normalidade, mellorando a accesibilidade e a eficiencia enerxética dos locais, a súa imaxe exterior e o seu acondicionamento interior, o seu acondicionamento acústico, xunto á instalación das medidas de protección necesarias contra a COVID-19. Entre estas medidas inclúese a colocación de mamparas, dispensadores fixos de xel hidroalcólico, hixienizadores, cámaras termográficas, unidades purificadoras de aire que incorporen filtros HEPA, sistemas de medición de aforo, etc.