• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Nova xuntanza do Consello Económico e Social

Data de escritura

Trala súa posta en marcha, o pasado 22 de xuño de 2020, esta tarde volveuse reunir o Consello Económico e Social, neste caso para dar conta dos traballos efectuados ata o momento polo equipo coordinado polos profesores Melchor Fernández e Dolores Riveiro.

ALCALDÍA Nova xuntanza do Consello Económico e Social

Xuntanza constitutiva do Consello económico e social

05/11/2020 Trala súa posta en marcha, o pasado 22 de xuño de 2020, esta tarde volveuse reunir o Consello Económico e Social, neste caso para dar conta dos traballos efectuados ata o momento polo equipo coordinado polos profesores Melchor Fernández e Dolores Riveiro.

Tanto o Consello Económico Social como as mesas de traballo do Comité Socioeconómico de Crise Compostela Móvese COVID19, creado na sesión inicial, traballan co obxectivo de desenvolver un mecanismo que ofreza respostas rápidas a entornos cambiantes sobre a base dunha visión de futuro da cidade estable, con participación de todos os axentes interesados, con coordinación de obxectivos e coa cooperación eficaz entre as diferentes partes involucradas. Un órgano capaz de identificar os retos do municipio e realizar propostas de actuación.

Con esta finalidade, tamén se constituíron catro grupos de traballo, entre os que figura a Mesa de Formación e Inserción Profesional, un órgano colexiado, sectorial, de carácter consultivo e participativo, que ten como obxectivo desenvolver unha política local de formación que responda á realidade do municipio. Entre as súas funcións está a orientación no ámbito da formación e a cualificación profesional; o seguimento, execución e coordinación das actuacións levadas a cabo polas entidades que forman a Mesa; a avaliación anual, dos recursos destinados ao desenvolvemento de actuacións nesta materia; a elaboración dun informe bianual de resultado e de impacto das accións desenvolvidas; ou a promoción de iniciativas de estudos e análises da realidade socioeducativa da cidade na área de formación e inserción laboral.

Consello Económico e Social
O Consello Económico e Social é un órgano permanente de comunicación entre os distintos intereses económicos e sociais do Concello de Santiago e de asesoramento e diálogo entre estes e o Concello. Entre as súas funcións figuran:
- Ser informado sobre os criterios e liñas xerais do anteproxecto do orzamento municipal aos efectos do seu coñecemento en relación ás materias socioeconómicas.
- Elaborar informes, ditames ou estudios, de oficio ou a instancia do Concello de Santiago, en calquera asunto de carácter económico e social.
- Servir de canle de participación e diálogo dos interlocutores sociais no debate de asuntos de transcendencia nos ámbitos económicos e sociolaborais, co fin de potenciar o desenvolvemento económico e a creación de emprego, a implantación de novas actividades e o desenvolvemento das xa existentes.
- Propoñer solucións e criterios de actuación orientados á promoción económica e á creación de emprego no municipio de Santiago.
- Coñecer as medidas de planificación económica e social que se elaboren polo Concello de Santiago e que afectan de forma xeral aos intereses do municipio.
- Emitir anualmente, dentro do primeiro semestre de cada ano, un informe sobre a situación económica e social do municipio.

O Consello Económico e Social, presidido polo alcalde, conta con integrantes de todos os grupos municipais. Ademais, están representados neste órgano, a través dos seus titulares, a Universidade de Santiago; os sindicatos UXT, CC OO, CIG, Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego; Compostela Monumental; Área Empresarial do Tambre; Asociación Punto Compostela; Fundación Santiago Centro; Hostalería Compostela; Confederación de Empresarios de Galicia; Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e Círculo Financeiro de Santiago.