A Oficina de Promoción Económica oferta tres obradoiros online de balde sobre dixitalización e venda por internet dirixidos á hostelería, comercio e empresas culturais
A Oficina de Promoción Económica do Concello de Santiago de Compostela, oferta tres seminarios de "Dixitalización e venda por internet" dirixidos aos sectores da hostelería, comercio e empresas culturais; tres dos sectores que máis están a sufrir a crise económica derivada da crise sanitaria da COVID19.
Os obradoiros que serán impartidos por Juan Magariños, experto en asesoramento e formación integral para PEMES e persoas emprendedoras en productividade e dixitalización celebraranse integramente de xeito online.
· O dirixido ao sector comercial os martes días 10 e 17 de novembro de 9:00 a 11:00h.
· O dirixido ao sector da hostelería os mércores días 11 e 18 de novembro de 9:00 a 11:00h.
· O dirixido ao sector cultural os xoves 12 e 19 días de novembro de 9:00 a 11:00h.
Ademáis das sesións grupais o seminario inclúe a valoración individual a través da realización duns sinxelos exercicio de todas as empresa participantes.
Hoxe en día na era dixital a clientela ten cada vez máis opcións de elexir, opinar e compartir as súas experiencias ou sensacións, co cal ten máis poder de decisión. É preciso ter unha estratexia dixital clara, profesional e enfocada en atraer e axudar o potencial cliente.
A nova situación sanitaria, social e económica trae novos hábitos de consumo que veñen para quedarse como son o uso das redes sociais. De cara o negocio saber facer un bo uso delas poderá axudar sen dúbida a darlle un impulso e a traer outro tipo de clientela que probablemente sexa diferente o de sempre pero que pode axudarnos a recuperación do negocio, falamos do cliente ideal dixital, un perfil de cliente que usa as redes sociais para decidir a experiencia que quere consumir, ben sexa un produto ou un servizo.
Actualmente hai unha oportunidade de negocio clara no dixital xa que moitos negocios aínda non deron este paso e o que agora aínda é unha oportunidade dentro de non moito tempo será unha obriga para poder ter un negocio rendible.
No proxecto dixital o negocio ten que saber amosar a súa diferenciación, como chegar o seu cliente (canle) e que mensaxe e oferta ofrecerlle. Xerar confianza, autoridade, proba social de que o que ofrecemos está validado pola experiencia do cliente.
Esta iniciativa forma parte do programa municipal Compostela Móvese 2020 COVID19 aprobado en Xunta de Goberno de 20 de abril de 2020 como parte do Plan de Reactivación Económica do Concello de Santiago.
As empresas interesadas poden inscribirse e coñecer máis sobre estes obradoiros nos seguintes enlaces: