• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O edificio do Cersia acollerá o 25 de maio unha xornada sobre compostaxe

O concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez, explicou que esta xornada está pensada "para todas aquelas persoas que desexen aprender, adquirir coñecementos, mellorar a xestión da materia orgánica e as boas prácticas ambientais e resolver dúbidas que se poidan ir xerando ao xestionar os composteiros individuais".

Constrúe o teu modelo de negocio con LEGO Serious Play

Neste taller conseguirás de forma práctica e divertida atopar solucións altamente creativas e inspiradoras a hora de debuxar un modelo de negocio. A vez que se xerará un espazo de análise sobre os aspectos clave dos proxectos empresariais dos participantes, tanto persoas emprendedoras, autónomos ou empresario/as.
 

Inscríbete!

O Concello e a UPTA explorarán vías de colaboración para apoiar as traballadoras autónomas

Santiago pechou o mes de marzo con 7.208 traballadores e traballadoras autónomas, 42 máis dos que había no mes de marzo de 2021. O presidente da UPTA explicou que "esta evolución positiva contrasta cos datos preocupantes de Galicia, que no mesmo periodo de tempo perdeu case 2.500 autónomos e autónomas". No conxunto da comunidade temos 205.085 traballadores e traballadoras por conta propia, fronte ás 207.552 que había en marzo de 2021.

Continúa a boa acollida de "TER É MANTER", que recibe 74 solicitudes para este 2024

O pasado mes de xaneiro o Consorcio de Santiago lanzaba unha nova convocatoria do programa "Ter é Manter" de axudas á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas, e ao mantemento da envolvente exterior das vivendas da Cidade Histórica compostelá, cun orzamento de 800.000 euros. Unha vez finalizada a data límite de presentación de solicitudes, o 12 de febreiro, a Oficina Técnica do Consorcio de Santiago contabilizou un total de 74 propostas.

Cine, música, coidado dos animais e saúde, propostas gañadoras nos Orzamentos Participativos de Xuventude

María Rozas salientou que "os Orzamentos Participativos demostran que a mocidade ten ganas de participar, que ten moitas propostas que facer, e que non podemos simplificar e frivolizar cando falamos dos intereses dos mozos e das mozas, porque é evidente vendo as súas achegas que son moitos e moi variados". A concelleira reiterou que "a participación en democracia é unha prioridade, e temos que poñer as ferramentas para que non se limite a votar cada catro anos, e máis no caso da xuventude".

Propostas máis votadas

A Rede de Centros Socioculturais converte o comercio de Santiago no "Museo máis pequeno da cidade"

"O museo máis pequeno da cidade" é unha iniciativa da Concellaría de Centros Socioculturais, que parte dunha idea orixinal da artista catalá Noemí Batllorí. Tal e como explicou o concelleiro Xan Duro, "o obxectivo é encher Santiago de pequenos museos con entrada de balde, sen aglomeracións e sen colas, nos que ademais se poderán admirar obras realizadas polos veciños e veciñas de Compostela".