“Compostela. Capital da Biotecnoloxía”: o Concello e a Área Empresarial do Tambre colaboran para atraer talento e investimentos ao biopolo da Sionlla
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe a campaña “Compostela. Capital da Biotecnoloxía”, nunha rolda de prensa na que tamén participou o presidente da Área Empresarial do Tambre, José Fernández Alborés. A tenenta de alcaldesa enmarcou a iniciativa “na necesidade de seguir reivindicando o potencial económico de Santiago, a nosa capacidade de xerar talento e de atraer investimentos e proxectos innovadores”.