• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Campaña de apoio ao sector comercial

O lanzamento coincide co inicio da fase 1 do Plan para a Transición a unha Nova Normalidade na totalidade do territorio de once Comunidades Autónomas, de maneira parcial noutras cinco, e nas Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.

A campaña, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, pon en valor atributos do comercio como a proximidade, a confianza e a calidade, e resalta as medidas de seguridade que o sector adoptou para garantir aos seus clientes unha compra con todas as medidas de seguridade.

Aprobado o programa de axuda a autónomos e pequenas empresas para o pago de xuros

Tras aprobar a semana pasada un programa semellante para o pequeno comercio, esta liña, tal como indicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, está máis dirixida "ao conxunto do tecido empresarial, incluída a hostalería", e en particular "a microempresas e autónomos". A dotación inicial desta acción é de 100.000 euros, ampliables ata os 400.000. En calquera caso, o rexedor indicou que "se a demanda excedera da oferta, abrirase unha segunda convocatoria". A previsión é que esta primeira convocatoria se publique no BOP a vindeira semana.

O Concello lanza o Plan Activa en Seguro para apoiar a autónomos e micropemes do sector servizos e da industria

A crise socioeconómica orixinada pola crise sanitaria do COVID-19 ten orixinado unha especial situación de indefensión naquelas empresas que, ou ben se viron obrigadas a cesar a súa actividade durante o período de confinamento, ou ben tiveron que cambiar a operativa da mesma, reducíndose o nivel de actividade e facturación das empresas, como é o caso de moitos autónomos e microempresas do sector servizos e da industria.

O Concello destina un millón de euros á reactivación do pequeno comercio de Compostela

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presentou estes tres programas e enmarcounos no conxunto de medidas destinadas ao comercio, "unha das cinco patas do Plan de Reactivación Económica". Lembrou que as outras catro "patas" son o emprego, coa posta en marcha da formación online, que está sendo "un éxito total; os/as autónomos/as e as pequenas empresas, para as que "agardamos aprobar a primeira convocatoria a semana que vén"; o turismo, cuxo plan foi presentado onte; e a cultura, con medidas que "presentaremos a finais da semana que vén ou principios da seguinte".

Etiquetas

Despega a compra en liña dos produtos frescos

As vendas de produtos frescos como a carne multiplicáronse mesmo por catro-, e non só pola gran distribución ou as empresas dedicadas á venda en liña de alimentación’, se non polos pequenos comercios que se viron obrigados por esta crise para innovar e a facer chegar aos fogares dos consumidores os produtos frescos pola imposibilidade de poder saír a compralos.

O Concello lanza un servizo de consultoría non presencial para apoiar ao pequeno comercio na preparación da volta á actividade económica

A crise socioeconómica orixinada pola crise sanitaria do COVID-19 ten orixinado unha especial situación de indefensión naquelas empresas que ou ben se viron obrigadas a cesar a súa actividade durante o período de confinamento ou ben tiveron que cambiar a operativa da mesma, reducíndose o nivel de actividade e facturación das empresas, como é o caso do sector do comercio minorista.