Programas de cooperación
A través dos Programas de Cooperación, cofinanciados nun 80% polo Fondo Social Europeo e xestionados pola Concellaría de Promoción Económica, o Concello de Santiago contrata persoas desempregadas para que, a través do desenvolvemento de obras e servizos de interese para a comunidade, incrementen a súa formación e a súa práctica profesional, mellorando así as súas expectativas de reinserción.

En 2009, o Departamento Territorial da Consellería de Traballo e Benestar concedeu ao Concello de Santiago unha subvención de 677.965,6 euros para desenvolver sete Programas de Cooperación, que contemplan a inserción laboral de 58 persoas.
O tipo de obras e servizos aos que se dá preferencia son os que resultan de maior interese xeral e social; os que permitan a creación dun maior número de postos de traballo; e os que favorezan a formación e a práctica profesional das/dos traballadoras/es con maiores dificultades de inserción. Priorízase a contratación de persoas desempregadas que consumisen xa as prestacións e subsidios por desemprego. Os contratos teñen unha duración de seis meses.
Nos últimos anos, o Concello de Santiago asinou 261 contratos con persoas desempregadas a través dos Programas de Cooperación. En 2005, baixo o nome de Programas Labora, permitiron contratar a 35 persoas. En 2006 asináronse 91 contratos. En 2007 contratáronse 70 persoas e o ano pasado, outras 65.