• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

VI Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2009

A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo promove desde o ano 2004 o Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping. Dirixido a todos os comercios de Santiago de Compostela, ten como obxectivo contribuír á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe.

A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo promove desde o ano 2004 o Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping. Dirixido a todos os comercios de Santiago de Compostela, ten como obxectivo contribuír á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe. Forma parte das accións de promoción e dinamización do sector recollidas no Plan Estratéxico do Comercio Compostelán, cofinanciado pola Deputación de A Coruña e o Concello de Santiago.

O Concurso de Escaparatismo, que en 2009 destinou 36.580,98 euros a premios, divídese en catro edicións: Primavera, Verán, Outono, e Nadal. En cada unha delas prémianse tres comercios. O xurado no que se integran asociacións de comerciantes, consumidores e expertos na materia, valora especialmente a orixinalidade, ambientación e eficacia da mensaxe publicitaria atendendo ás condicións dos establecementos. No certame prima tanto o escaparate como o interior do comercio.

No concurso de Escaparatismo colaboran a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a Asociación de Comerciantes de Santiago ACOTÉS, a Asociación de Comerciantes e Profesionais Centro Comercial Aberto Compostela Monumental, a Fundación Santiago Centro Área Comercial, a Asociación de Comerciantes do barrio de San Pedro, Euroconsumo Galicia e o Grupo Correo Gallego.

Caracteristicas

PREMIADOS NO VI CONCURSO MUNICIPAL DE ESCAPARATISMO SCQ SHOPING (2009)

Edición PRIMAVERA:
1º PREMIO Tokonoma Iluminación
2º PREMIO Xoguetería Vagalume
3º PREMIO Xocoátel

Edición VERAN:
1º PREMIO Pecados de Compostela
2º PREMIO Óptica Pontecastro
3º PREMIO Sistemas de Seguridade A-1

Edición OUTONO
1º PREMIO Katuxa Platero
2º PREMIO Xocoátel
3º PREMIO Pecados de Compostela

Edición NADAL
1º PREMIO Media Lúa
2º PREMIO Andrómenas
3º PREMIO Floristería Lilas

GAÑADOR ANUAL (pendente de adxudicar)

Periodo de actuación
Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017