Obradoiros de emprego
O obxectivo dos Obradoiros de Emprego é mellorar as posibilidades de inserción e reinserción no mercado de traballo de persoas desempregadas de longa duración, a través da súa participación en accións mixtas de emprego-formación. Todos os obradoiros desenvolvidos pola Concellaría de Promoción Económica seguen a liña do resto de actividades realizadas: adecuación da formación á demanda laboral de Compostela, formación teórica e práctica laboral, e utilidade social dos traballos feitos.

Obradoiro Compostela Natural
Entre o 27 de setembro do 2007 e o 26 de setembro do 2008, a Concellaría de Promoción Económica desenvolveu o Obradoiro de Emprego Compostela Natural. Contou cun orzamento de 1.173.865,54 euros aportados pola Consellería de Traballo. Das 60 persoas que comezaron o obradoiro, remataron 59. Aproximadamente o 50% de participantes eran mulleres. O alumnado recibiu formación en catro especialidades: Carpintaría, Xardinaría, Electricidade e dous módulos de Albanelaría. Cada acción formativa contou con 12 alumnos/as.
A través do Obradoiro de Emprego Compostela Natural rexenerouse o leito do Sarela e abriuse un paseo á beira do río de 800 metros de longo por 1,35 de ancho, entre a igrexa do Carme de Abaixo e Casas da Ribeira de San Lourenzo.
Outros obradoiros de emprego desenvolvidos pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego foron o Obradoiro de Emprego de Enerxías Renovables, o Obradoiro de Emprego de Vidán e a Escola-taller de Lamas de Abade.
Velaquí as obras realizadas polo Obradoiro Compostela Natural:
- Abriuse un camiño ao longo do río restituíndo os cinco metros de servidume legais.
- Construíronse cinco pasarelas, demoleuse unha que estaba en ruínas e restauráronse outras dúas que xa existían, eliminando as barreiras arquitectónicas que presentaban.
- Limpouse de maleza a ribeira e o leito do río e recolleuse o lixo acumulado nesas zonas.
- Construíronse e rehabilitáronse os muros de contención das ribeiras do río.
- Reconstruíronse os muros das parcelas lindantes.
- Púxose o tendido de tubo para a canalización eléctrica e colocouse alumeado público na primeira fase das obras.
- Restaurouse un conxunto etnográfico composto por unha fonte, un lavadoiro e un acueduto.
- Realizouse o sendeiro de 800 metros de lonxitude, en algúns lugares de terra pisada e en outros de madeira.
- Arredor deste sendeiro sementouse céspede e plantáronse especies autóctonas de ribeira.
- Acondicionouse unha parcela no Monte do Gozo destinada á construción dun albergue cabalar.