Produto enogastronómico
Especial interese ven cobrando nos dous últimos dos anos a promoción do turismo enogastronómico. Neste senso, Turismo de Santiago estreou en febreiro do 2008 o Fórum Gastronómico "As cociñas do Atlántico", unha cita bianual que converteu á cidade en capital da cociña atlántica e no mellor escaparate da despensa galega.
Especial interese ven cobrando nos dous últimos dos anos a promoción do turismo enogastronómico. Neste senso, Turismo de Santiago estreou en febreiro do 2008 o Fórum Gastronómico "As cociñas do Atlántico", unha cita bianual que converteu á cidade en capital da cociña atlántica e no mellor escaparate da despensa galega
A importancia do produto gastronómico queda patente tamén nas actividades gastronómicas que se deseñan co gallo do Plan de Desestacionalización Turística: meses temáticos que fan da cociña invernal o principal "gancho" da visita a Santiago fora de temporada.
A Semana Santa compostelá tamén conta cun programa gastronómico propio, "Sabores de Paixón". E no verán realízase un concorrido concurso de tapas con máis dun cento de propostas dos mellores bares e restaurantes, que se organizan en etapas: é o Concurso Santiago(é)Tapas.
Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017